Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 30.1º establece a obriga das administracións públicas de garanti-la coordinación da oferta de formación profesional, tanto regrada/inicial como ocupacional e continua. Nesta liña creouse o Consello Xeral da Formación Profesional no ámbito estatal.

En atención ó problema do desemprego na Comunidade Europea, no Consello Extraordinario de Luxemburgo acordáronse unha serie de medidas e liñas de actuación que se concretaron en Galicia co asinamento dos acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego, subscritos entre a Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios e os sindicatos Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras de Galicia.

Nestes acordos considérase a formación profesional como unha actuación imprescindible para mellora-la ocupabilidade dos desempregados e, neste sentido, salientan a necesidade de avanzar cara á progresiva integración e complementariedade coordinando os tres subsistemas existentes, tal e como sinala o II Programa Nacional de Formación Profesional, e axustar progresivamente a oferta formativa ás necesidades das empresas.

Para materializalos creouse no ano 1999 o Consello Galego da Formación Profesional, mediante o Decreto 110/1999, do 8 de abril (DOG do 5 de maio), como órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos de ámbito galego co obxectivo de consensuar con eles a planificación das ensinanzas profesionais en Galicia e de asesoramento ó Consello da Xunta de Galicia en materia de formación profesional.

No ámbito estatal, e como un paso máis cara á adecuación da formación profesional ás necesidades da sociedade na procura dunha competencia profesional que favoreza a inserción laboral e a libre circulación dos traballadores, aprobouse a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional (BOE nº 147, do 20 de xuño), que constitúe o marco institucional básico para a programación e o desenvolvemento das accións formativas asociadas ás cualificacións profesionais demandas polo tecido productivo.

No ámbito da Comunidade Autónoma, o Plan Galego de Formación Profesional, elaborado no seo do Consello Galego de Formación Profesional, ratificado polo Pleno do citado consello na sesión ordinaria do día 30 de maio, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 27 de xuño de 2001, contén as directrices que rexerán as ensinanzas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR