DECRETO 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyDecreto

O pasado 5 de outubro de 2011 publicouse a Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, a cal regula a dita titularidade das explotacións co fin de promover e favorecer a igualdade real e efectiva das mulleres no medio rural, a través do recoñecemento xurídico e económico da súa participación na actividade agraria.

Para que a titularidade compartida das explotacións agrarias produza todos os seus efectos xurídicos, o artigo 6 da dita lei prevé a inscrición previa nun rexistro constituído para o efecto.

Por outra banda, mediante o Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (DOG nº 218, do 10 de novembro), organizouse e regulouse o funcionamento do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, integrando nel o Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao disposto no previsto nos artigos 6 e seguintes da Lei 35/2011, considérase factible crear no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia unha nova sección para as explotacións agrarias de titularidade compartida.

Ademais, transcorridos tres anos desde a promulgación do Decreto 253/2008 e dada a experiencia na súa xestión, cómpre realizar unha serie de modificacións no seu capítulo II, referente á organización e ao funcionamento do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Porén, por razóns de seguridade xurídica e mellor comprensión dos destinatarios da norma, considérase conveniente publicar un novo decreto en que figure o articulado definitivo resultante das modificacións e incorporacións propostas. Esas mesmas razóns obrigan a reproducir artigos da Lei 35/2011, de xeito que se facilite o entendemento da norma.

En consecuencia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, de acordo co ditame do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catro de outubro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Capítulo IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto

O obxecto deste decreto é:

  1. Organizar e regular o funcionamento do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), como instrumento público que permita dispoñer, de maneira permanente, integrada e actualizada, de toda a información precisa para un desenvolvemento adecuado do sector agrogandeiro galego e a súa planificación e ordenación, así como o emprego dos datos rexistrais para a súa explotación con fins estatísticos.

  2. Determinar os requisitos para a cualificación das explotacións como prioritarias e establecer o modo de acreditación das restantes explotacións agrarias.

  3. Crear unha sección específica para o Rexistro de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia en atención á Lei estatal 35/2011, co fin de promover e favorecer a igualdade real e efectiva das mulleres no medio rural.

Artigo 2 Ámbito de aplicación
  1. Este decreto será de aplicación ás explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Nos casos en que unha explotación estea integrada parcialmente por elementos territoriais situados noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación deste decreto cando a maior parte da súa base territorial estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3 Natureza do rexistro
  1. O Reaga ten carácter administrativo, sendo a súa finalidade a inscrición das explotacións agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia, organizada por provincias. Este rexistro non dirimirá cuestións relacionadas coa propiedade dos bens nin coa titularidade dos dereitos que integran as explotacións, as cales terán que se substanciar a través das canles legais e procedementais correspondentes.

  2. Os datos do Reaga estarán sometidos á regulación contida na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 4 Definicións

Para os efectos do disposto neste decreto enténdese por:

  1. Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente pola súa persoa titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fins de mercado, e que constitúe en si mesma unha unidade técnico-económica.

  2. Explotación agraria de titularidade compartida é a unidade económica, sen personalidade xurídica e susceptible de imposición para efectos fiscais, que é constituída por un matrimonio ou parella unida por análoga relación de afectividade para a xestión conxunta da explotación agraria.

  3. Actividade agraria, entenderase como:

    1. O conxunto de traballos que se requiren para a obtención de produtos agrícolas, gandeiros e forestais ou para o mantemento das terras en boas condicións agrarias e ambientais.

    2. Así mesmo, para os efectos deste decreto e das disposicións correspondentes ao encadramento no sistema especial para traballadores/as por conta propia agrarios/as incluídos no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, considerarase como actividade agraria a venda directa por parte de agricultoras ou agricultores da produción propia sen transformación ou a primeira transformación desta, cuxo produto final estea incluído no anexo I do artigo 38 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dentro dos elementos que integren a explotación, en mercados municipais ou en lugares que non sexan establecementos comerciais permanentes.

    3. Considérase tamén actividade agraria toda aquela que implique a xestión ou a dirección e xerencia da explotación agraria.

  4. Elementos da explotación: os bens inmobles de natureza rústica e calquera outro que sexa obxecto de aproveitamento agrario permanente; a vivenda con dependencias agrarias; as construcións e instalacións agrarias, incluso de natureza industrial, e os gandos, máquinas e apeiros, integrados na explotación e afectos a ela, cuxo aproveitamento e utilización corresponden a calquera das persoas titulares referidas no número 6 deste artigo, en réxime de propiedade, arrendamento ou outro título xurídico que habilite para o exercicio da actividade agraria. Así mesmo, constitúen elementos da explotación todos os dereitos e as obrigas, incluídos os de produción e plantación, que poidan corresponder ás súas persoas titulares e estean afectos á explotación.

  5. Unidade de produción: conxunto de elementos da explotación agraria que están separados do resto e que constitúen unha unidade de xestión técnica.

  6. Titular da explotación: a persoa física, sexa en réxime de titularidade única sexa en réxime de titularidade compartida inscrita na sección correspondente, ou a persoa xurídica, que exerce a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación. Para os efectos do disposto neste decreto, a persoa titular da explotación poderá selo pola súa condición de propietaria, arrendataria, parceira, cesionaria ou outro concepto análogo, dos predios ou elementos materiais da respectiva explotación agraria. Para os efectos dunha explotación gandeira, entenderase tamén como titular a persoa responsable dos animais, aínda que sexa con carácter temporal. Para os efectos do rexistro, distinguirase entre:

    1. Titular individual. Cando a actividade agraria sexa exercida por unha única persoa física.

    2. Titularidade comunidade hereditaria. A titularidade pertence ao conxunto dos herdeiros dunha comunidade hereditaria que constitúe unha explotación familiar con titulares persoas físicas, segundo a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.

    3. Titularidade compartida. Cando a actividade agraria é exercida por dúas persoas, de acordo co establecido nos capítulos I e II da Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e está debidamente inscrita no correspondente rexistro público.

    4. Titularidade societaria. Cando a titularidade da explotación corresponda a unha entidade asociativa que agrupe distintas persoas socias ou asociadas. A titularidade rexerase polos estatutos ou pola normativa que regule a forma societaria de que se trate.

  7. Renda total da persoa titular da explotación: a renda fiscalmente declarada como tal por ela no último exercicio, excluíndo do cómputo as ganancias e perdas patrimoniais.

  8. Persoa agricultora profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR