Decreto 250/2003, do 8 de maio, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyDecreto

A Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia, e o Decreto 280/1999, do 4 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do dito ente de dereito público, regulan a súa estructura básica. A referida normativa recolle, á súa vez, as distintas clases de persoal do instituto.

No ámbito da Administración pública en xeral e dos entes públicos en particular, débese intentar estructurar unha regulación da cobertura de postos de traballo desde as perspectivas dos intereses do sector público, que deben coincidir co ben común, e buscando a súa optimización, con base nos principios xerais que rexen a teoría da organización administrativa, os de racionalidade, eficiencia e economía.

Todo isto debe levarse a cabo sen esquece-la homoxeneidade co resto do persoal ó servicio do aludido sector público.

Polo tanto, as relacións de carácter laboral no Inega regúlanse polo preceptuado na lexislación laboral e no seu acordo empresa e, por conseguinte, para os efectos de propiciar unha axeitada mobilidade do persoal laboral que facilite unha maior axilidade na cobertura de prazas reservadas a ese persoal, lévase a cabo a modificación do artigo 9.1º do Decreto 280/1999, do 4 de novembro, que aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Instituto Enerxético de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de conformidade co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de maio de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único O artigo 9.1º do Decreto 280/1999, do 4 de novembro, que aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Instituto Enerxético de Galicia, terá, no sucesivo, a seguinte redacción:

Artigo 9º.-Persoal do instituto.

1. O personal da entidade estará integrado, conforme a relación de postos de traballo que aprobe o Consello...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR