Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, aprobado por Decreto 406/1996, do 7 de novembro.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

O presente decreto ten por obxecto a modificación de diversos artigos e a incorporación ó articulado, como norma definitiva, da disposición transitoria cuarta do Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, de acordo coa experiencia obtida desde a súa entrada en vigor; co fin de dar maior flexibilidade e facilidade de resposta á variabilidade nas condicións do cultivo.

Así, na fase inicial de cultivo, o período establecido para a captación de semente de mexillón mediante a colocación de cordas colectoras debe de admitir unha certa flexibilidade posto que, aínda que se concentra nunha determinada época, está suxeito a unha dinámica coxuntural e depende de factores variables como a climatoloxía que directamente repercutirán na maior ou menor abundancia de desovas nun período determinado do ano.

Na fase de preengorda, favorécese a homexeneidade do producto e mellora da súa calidade mediante o emprego da técnica denominada chicoteo, que con

siste en atar temporalmente ambos extremos da corda con semente ó engradado da batea; por iso incorpórase ó texto a súa definición e establécense as condicións nas que se pode levar a cabo a dita práctica.

Na fase de engorda, a presencia de fenómenos excepcionais tales como as mareas vermellas ou os temporais, que periodicamente e de modo persistente veñen afectando a diversas zonas, fan que nalgúns casos resulte difícil cumpri-las condicións recollidas na vixente lexislación sen alterar de forma seria o ciclo normal de producción, polo que é necesario dar unha resposta adecuada á dita excepcionalidade.

Finalmente, o tempo transcorrido dende a entrada en vigor do decreto e a experiencia adquirida aconsellan incorporar con carácter definitivo ó articulado a actual regulación transitoria cuarta, sen prexuízo de remitir expresamente a unha futura orde da consellería a concreción das medidas correspondentes para cada un dos polígonos existentes.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, oídas as organizacións representativas dos sector, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR