DECRETO 63/2012, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as condicións de comercialización e uso dos medicamentos veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyDecreto

A Orde do 24 de outubro de 2000 pola que se normalizan os documentos para a prescrición, dispensación e uso do medicamento veterinario e o Libro Rexistro de Tratamentos Veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 215, do 7 de novembro), estableceu a normalización en Galicia das receitas veterinarias así como do libro referido. En particular, a orde atribuíu con carácter exclusivo ao Consello Galego de Colexios Veterinarios a edición e distribución da receita veterinaria e do selo de colexiado.

A Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, derrogou a Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento e incorporou as novidades recollidas pola Directiva 2004/28/CE, do Parlamento Europeo e do Consello (modificación da Directiva 2001/82/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de novembro de 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos veterinarios).

O Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios, desenvolveu a Lei 25/1990. O Real decreto 1132/2010, do 10 de setembro, modificou aquel para adecuar o seu contido á nova lei. En particular, a modificación descrita establece a información mínima que deberá figurar nas receitas e determina a súa universalidade no conxunto do Estado, de tal forma que nas comunidades autónomas con lingua propia a receita deberá editarse en ambas as dúas linguas oficiais. Desta forma, as condicións establecidas na Orde do 24 de outubro de 2000 deben ser adaptadas á nova situación normativa. Por outra parte, existindo a posibilidade da tramitación electrónica de todos os procedementos administrativos, procede articular en Galicia o funcionamento da tarxeta sanitaria veterinaria para facilitar tal opción.

O Real decreto 1132/2010 establece a información mínima que deberá figurar nos modelos de receita e introduce a exixencia de comunicación á autoridade competente dos depósitos de medicamentos que os veterinarios precisen para o seu exercicio profesional. En consecuencia, cómpre definir o modelo e os prazos para o cumprimento desta obriga polos veterinarios que desenvolvan o seu exercicio profesional en Galicia. Para tal fin procede habilitar unha canle específica no marco da oficina agraria virtual.

Así mesmo, para poder exercer a súa actividade, todos os establecementos implicados na distribución e dispensación de medicamentos veterinarios deberán estar autorizados e rexistrados conforme a normativa reguladora de medicamentos veterinarios. A consellería competente en materia de gandaría é a responsable da creación e xestión deste rexistro e do control de todos os establecementos deste tipo implicados na comercialización de medicamentos veterinarios. Cómpre, por tanto, establecer un procedemento para a autorización dos establecementos que inicien a súa actividade con posterioridade á entrada en vigor desta norma.

A comercialización dos medicamentos veterinarios vén regulada pola Directiva 2001/82/CE, modificada pola Directiva 2004/28/CE, polo que non entra dentro do ámbito de aplicación a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

Por outra banda, os establecementos de venda de medicamentos destinados a animais de terrario, paxaros ornamentais, peixes de acuario e pequenos roedores, que non requiran prescrición veterinaria, poderán comercializarse, en certas condicións, a través de establecementos non incluídos nas canles normais de distribución e dispensa de medicamentos veterinarios. É necesario establecer para tal fin un procedemento de comunicación e rexistro destes establecementos no ámbito da comunidade autónoma, utilizando para estes efectos a oficina agraria virtual.

De acordo co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, correspóndelle á Consellería do Medio Rural e do Mar o exercicio da competencia, entre outras, en materia de gandaría.

Na elaboración da presente norma foron consultadas a organización colexial veterinaria e as asociacións representativas do sector gandeiro, así como todos os axentes que, directa ou indirectamente, participan na xestión dos medicamentos e os seus residuos.

En consecuencia, en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, de acordo co ditame do Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto.
  1. O obxecto deste decreto é regular, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes materias:

    1. As condicións da prescrición veterinaria.

    2. O rexistro de tratamentos veterinarios nas explotacións gandeiras de animais produtores de alimento.

    3. As comunicacións dos depósitos de medicamentos de emprego no exercicio profesional veterinario.

    4. O procedemento de autorización e rexistro de establecementos distribuidores e dispensadores de medicamentos veterinarios e establecementos elaboradores de autovacinas de uso veterinario.

    5. O rexistro de establecementos de venda de medicamentos destinados a animais de terrario, paxaros ornamentais, peixes de acuario e pequenos roedores, que non requiran prescrición veterinaria.

  2. Os requisitos para a distribución, dispensación, prescrición e emprego definidos neste decreto afectarán tanto os medicamentos veterinarios utilizados en animais produtores de alimentos coma os utilizados nos animais non produtores.

  3. A utilización e prescrición por parte dos profesionais veterinarios, dos produtos estupefacientes nos medicamentos veterinarios axustarase ao establecido nos convenios internacionais e na súa normativa específica, e estes profesionais en todo momento deberán cumprir ademais coas disposicións deste decreto que lles sexan de aplicación.

Artigo 2 Definicións.

Serán de aplicación a este decreto as definicións incluídas no artigo 8 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios e no artigo 8 da Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Artigo 3 Receita veterinaria.
  1. As receitas emitidas en Galicia por veterinarios/as con exercicio profesional na comunidade autónoma editaranse como mínimo en galego e castelán e o seu contido axustarase ao definido nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR