RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014 pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes que se relacionan.

Sección:VI. Anuncios
Rango de Lei:Resolución
Emisor:INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
EXTRACTO GRATUITO

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución recorrida, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Javier Aguilera NavarroDirector xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente Nome/razón social Programa de axudas Data resolución Órgano que dita a resolución Notificación
AF008.2005.1.30 Canteras de Vilanova, S.L. Axudas a proxectos empresariais de investimento (Resolución do 11 de marzo de 2005, DOG núm. 58, do 28 de marzo) 19.5.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG107.2008.1.93 Trapimg Gráfica, S.L. Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo) 28.4.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG107.2014.1.3 Twenty 3 Racing Academy, S.L. (en constitución) Axudas a proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2013, DOG núm. 238, do 13 de decembro) 6.5.2014 Director da Área de Competitividade Resolución de arquivo
IG107.2014.1.13 Pumarega Mayo, Víctor Axudas a proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2013, DOG núm. 238, do 13 de decembro) 21.4.2014 Director da Área de Competitividade Resolución de arquivo
IG107.2014.1.139 Beperma Galicia, S.L. Axudas a proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2013, DOG núm. 238, do 13 de decembro) 17.6.2014 Director da Área de Competitividade Resolución de arquivo
IG114.2010.1.34 Asociación Empresarios Urbanización Los Rosales Axudas para proxectos iniciativas abertas de difusión (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 73, do 20 de abril) 26.2.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG127.2010.3.67 Agrupación Empresarial Innovadora de Restauración, Hospedaje y Turismo de Galicia Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril) 19.5.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG127.2010.3.181 Cofisad Formación Profesional, S.A. Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril) 19.5.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total e retención de pagamentos
IG127.2010.3.264 Poseidon Vertical, S.L. Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril) 19.5.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG135.2010.3.5 Eganet Axudas á identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2012, DOG núm. 100, do 28 de maio) 26.2.2014 Director xeral do Igape Resolución de expediente de incumprimento total
IG158.2012.1.8 Agrupación sen personalidade xurídica propia 76225 Axudas á internacionalización das empresas galegas: liña primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 24 de febreiro de 2012, DOG núm. 41, do 28 de febreiro) 27.3.2014 Director de Galicia@world Resolución de arquivo
IG158.2014.1.22 Quality Global Brands e outros (Agrupación 83306) Axudas á primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 26 de novembro de 2013, DOG núm. 229, do 29 de novembro) 19.5.2014 Director xeral do Igape Resolución de denegación de axuda
IG158.2014.1.26 Acuarela Comunicación, S.L. e outros (Agrupación 83250) Axudas á primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 26...

Para continuar leyendo

REGÍSTRATE GRATIS