RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz (Vila de Cruces, Pontevedra) a varios propietarios.

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Notificar aos propietarios cuxo domicilio é descoñecido ou que, unha vez intentada a notificación, esta non se puido efectuar, a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz (Vila de Cruces, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 3/1992, do 16 de xaneiro (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro), e dividida para efectos da execución dos traballos pola Orde do 9 de novembro de 1992 (DOG núm 232, do 27 de novembro).

Primeiro. A xunta local da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz, na súa reunión do día 19 de setembro de 2012, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.

Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na casa do concello de Vila de Cruces (Vila de Cruces, Pontevedra) e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer, por si mesmas ou por representación, recurso de alzada contra estas bases ante o conselleiro do Medio...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR