RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2016.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Rango de LeyResolución

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo da axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumplir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008, «En consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións:

  1. Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

  2. Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadáns.

  3. Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servicios culturais galegos».

    Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións á distribución de produtos culturais, para o exercicio 2016, de acordo coas seguintes bases:

    Primeira. Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación

    1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

    2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente.

    3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.

    4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 (DOUE do 24 de decembro, L352/1), relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

    5. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

  4. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  5. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  6. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    E, supletoriamente:

  7. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

  8. Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

  9. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    1. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

  10. Publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

  11. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

  12. Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

    Segunda. Beneficiarios e modalidades da subvención. Requisitos

    1. Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016:

      Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.

      Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

      Requisitos:

      – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

      – Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s/convite/s con contido económico.

      Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e, en ningún caso, máis de oito no mesmo espazo.

      Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

      Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

      – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

      – Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s/convite/s con contido económico.

      Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.

      Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega. Incluirase a asistencia ao Womex 2016, que se celebrará en Santiago de Compostela, para o que exclusivamente se subvencionará o 60 % dos dereitos de asistencia.

      Requisitos:

      – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

      – Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

      – Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

      Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.

      Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

      Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

      – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

      – Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou cesións.

    2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

      Terceira. Importes e límites das subvencións nas distintas modalidades

    3. O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 420.000 euros, dos cales 310.000 euros se reservan para as modalidades A1, A2 e A3, salvo que non existan suficientes solicitudes nesas modalidades, en cuxo caso o importe non adxudicado se poderá adxudicar na A4, da partida orzamentaria2016.10.A1.432.B.470.0, da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2016.

    4. A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades da presente convocatoria será de 40.000 euros. Este límite tamén se aplicará por cada compañía/artista/grupo cando estea representado por varias entidades.

      Aplicaranse ademais os seguintes límites máximos na adxudicación:

      2.1. Modalidades A.1 e A.2:

      O correspondente aos gastos de desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico (músicos/actores/bailaríns/manipuladores) e técnico necesario para a distribución do espectáculo, co límite equivalente ao importe do contrato de distribución.

      No caso...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR