RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro) da Xunta de Galicia (en diante EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2015, aprobada pola Resolución do 18 de marzo de 2015 (DOG do 31 de marzo de 2015) e modificada pola Resolución do 26 de maio de 2015 (DOG do 2 de xuño).

Esta reitoría, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolve convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común (en diante LRXAPPAC), os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou grupo de prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

No cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

  1. Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados a que en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se define no Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

    Tamén poderán participar o/a cónxuxe e os descendentes y descendentes do/a cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores da devandita idade que vivan á súa conta. Este último beneficio será igualmente de aplicación aos familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

    Igualmente, poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar os setenta.

  3. Estar acreditado/a ou habilitado/a para o corpo docente universitario de que se trate, cumprir os requisitos marcados no artigo 4 do RDCA e non atoparse incursos na prohibición da epígrafe 4 do artigo 9 do RDCA.

  4. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

  5. Non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado/a por ningunha limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

    Terceira. Solicitudes

    3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

    3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Mestranza, 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes que se presenten por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo coa data antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións, aberta no banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria en que debe constar obrigatoriamente o nome e os apelidos da persoa interesada e a referencia á praza a que concursa. A simple presentación da solicitude e o xustificante de pagamento na entidade bancaria non suporá en ningún caso a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na epígrafe 3.1 destas bases.

    3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, cuxa falta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR