Decreto 261/2006, do 21 de decembro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Cerdedo e Forcarei.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O concello de Cerdedo, con data do 8 de abril de 1997, solicitou o deslindamento do seu termo municipal respecto do municipio limítrofe de Forcarei no tramo comprendido entre os marcos un e once.

O expediente de deslindamento tramitouse de conformidade co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Durante a tramitación do expediente non existiu acordo entre os concellos de Cerdedo e Forcarei sobre o documento xurídico vixente definitorio da liña límite entre ambos os municipios. Resultando que o concello de Cerdedo defende como liña límite a descrita na acta do 13 de agosto de 1942 que non foi asinada polo concello de Forcarei por non comparecer malia estar citado en debida forma; mentres que o concello de Forcarei propón como liña límite a que se reflicte na acta do 10 de setembro de 1890, asinada polos dous concellos interesados. O deslindamento de 1890 non foi tomado en consideración na acta de 1942 e, como consecuencia, prodúcese unha contradición entre ambas as dúas actas.

A motivación da resolución deste expediente reside no seguintes fundamentos xurídicos:

  1. De conformidade co disposto nos artigos 41 e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos, serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da deputación provincial respectiva, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e do ditame do Consello Consultivo.

    No expediente de deslindamento dos termos municipais de Cerdedo e Forcarei, existen dúas actas contraditorias entre si, de modo que o conflito se centra en determinar cal é o documento xurídico vixente que establece a liña límite entre ambos os municipios. Este suposto de feito está comprendido dentro da definición que o Consello Consultivo de Galicia, seguindo a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR