DECRETO 105/2013, do 27 de xuño, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Cortegada e Gomesende.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O 18 de abril de 2011 entrou no rexistro da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza un escrito do Concello de Cortegada coa certificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria celebrada o día 14 de decembro de 2010, sobre o inicio do expediente de delimitación territorial co termo municipal de Gomesende, no lugar de Vilaverde, parroquia de Refoxos, xunto con copia do expediente instruído e a solicitude de continuar coa tramitación do dito expediente de deslindamento.

O 4 de agosto de 2011 recíbese un escrito do Concello de Gomesende en que expón que está plenamente de acordo cos límites actuais, que son os que figuran na cartografía da Xerencia do Catastro e no Instituto Xeográfico Nacional. Así mesmo, manifesta a súa desconformidade con procedemento de deslindamento iniciado polo Concello de Cortegada e solicita a súa anulación.

O expediente de deslindamento tramitouse de conformidade co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Durante a dita tramitación non existiu acordo entre os citados concellos. A discrepancia estriba na interpretación sobre o terreo dos acordos recollidos na acta de deslindamento do 23 de outubro de 1940 e o seu caderno de campo en concreto na situación xeométrica dos marcos núm. 9 e 10.

O Concello de Cortegada fundamenta a súa proposta no informe elaborado por un perito xudicial inmobiliario para o Concello que, segundo o seu autor, está baseado na cartografía a escala 1/5.000 da Xunta de Galicia, no plano de clasificación do monte comunal dos veciños de Refoxos, na cartografía a escala 1/25.000 do IXN, no límite das parcelas catastrais e nos datos tomados en campo da esquina do linde en que se sitúa o marco 10 segundo a acta de 1940 e un burato escavado no terreo de aproximadamente 0,5 m de profundidade e 1 m de diámetro que se atopa nas proximidades do marco 9 e que veciños do concello de Cortegada afirman que é onde estivo situado o dito marco.

Segundo fundamenta o Instituto Xeográfico Nacional no seu informe, o burato, de dimensións aproximadas 1m×1m×0,5 m, atopado nas inmediacións, que o Concello de Cortegada propón como a situación do marco 9 non pode ser atendida xa que cos cálculos xeométricos realizados sitúan o dito marco a 22 m do citado burato.

O Concello de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR