Decreto 211/2003, do 3 de abril, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 29.1º, que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, competencias e servicios que neste eido, e no ámbito de execución, lle corresponden ó Estado respecto ás relacións laborais, sen prexuízo da alta inspección deste.

De acordo co anterior, polo Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, transfírese á Xunta de Galicia a potestade sancionadora por infraccións na orde social, na actualidade asignada á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Ó abeiro do anterior, e conforme a normativa substantiva, procedemental e orgánica vixente, dictouse o Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta para a imposición de sancións por infraccións nas materias laborais, de prevencións de riscos e por obstrucción do labor inspector.

Sen embargo, desde entón, producíronse varias modificacións que afectaron tanto a organización da Xunta de Galicia como a normativa reguladora das infraccións na orde social.

Efectivamente, o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para expedientes liquidatorios de cotas de Seguridade Social, aprobado mediante o Real decreto 928/1998, do 14 de maio, xunto coa reestructuración orgánica operada na Xunta de Galicia a través do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a súa estructura orgánica, e do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos seus departamentos, e coa propia reestructuración orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, fan necesario proceder a unha actualización da distribución da potestade sancionadora en materia laboral, de prevención de riscos laborais e por obstrucción da actividade inspectora, entre os órganos da Xunta de Galicia, para adecua-lo seu exercicio á súa actual estructura e á mencionada normativa.

Así mesmo, a Lei 5/1998, do 18 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR