Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, establecendo as disposicións e os principios necesarios para garantir o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, simplificando os procedementos e impulsando a modernización das administracións públicas.

Para alcanzar o obxectivo de reformar significativamente o marco regulador non abonda co establecemento dos principios xerais que deben rexer a regulación actual e futura das actividades de servizos, senón que é preciso proceder a un exercicio de avaliación de toda a normativa reguladora do acceso ás actividades de servizos e do seu exercicio, para adecuala aos principios que a dita lei establece. Como consecuencia, publicouse a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que modifica expresamente as leis vixentes afectadas pola citada directiva, entre elas, a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria.

En consecuencia, a nivel estatal, foi necesario modificar diversos regulamentos en materia de seguridade industrial, a través do Real decreto 560/2010, do 7 de maio, e do Real decreto 249/2010, do 5 de marzo, para adecualos ao establecido nas citadas Lei 17/2009, do 23 de novembro, e Lei 25/2009, do 22 de decembro.

A adaptación concreta da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, e da Lei 17/2009, do 23 de novembro, ao ámbito da seguridade industrial, exixe, con respecto á realización da actividade, que se presente unha declaración responsable e se cumpran determinados requisitos, como o emprego de medios técnicos específicos regulados na normativa española ou a dispoñibilidade dun seguro profesional, polo que, de acordo co disposto no artigo 12º.3 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, se fai necesaria a exixencia destes requisitos.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a responsabilidade de harmonizar a súa lexislación en materia de seguridade industrial, eliminando os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento e á circulación dos prestadores de servizos en Galicia. Esta obriga cúmprese coa aprobación deste decreto, adaptando a normativa autonómica ás disposicións e principios da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro.

O decreto consta de dezanove artigos, unha disposición adicional, tres disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

Na súa virtude, logo de ser sometido ao trámite de consulta, de acordo co ditame do Consello Consultivo, por proposta do conselleiro de Economía e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dezasete de marzo de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1º Empresas instaladoras de alta tensión.
  1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de alta tensión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo I, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

  2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

  3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

  4. As empresas instaladoras de alta tensión cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora das condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas de alta tensión.

Artigo 2º Empresas instaladoras de baixa tensión.
  1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de baixa tensión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo II, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

  2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

  3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

  4. As empresas instaladoras de baixa tensión cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora de baixa tensión.

Artigo 3º Empresas instaladoras de gas.
  1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de gas, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo III, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

  2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

  3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

  4. As empresas instaladoras de gas cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora da distribución e o uso dos combustibles gasosos.

Artigo 4º Empresas instaladoras e mantedoras de instalacións térmicas en edificios.
  1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de instalacións térmicas en edificios, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo IV, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

  2. Antes de comezar as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR