Decreto 159/2005, do 2 de xuño, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde establece no seu anexo II que, conforme o previsto no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, os servizos públicos de saúde deberán reclamar aos terceiros obrigados ao pagamento o importe

da atención ou prestacións sanitarias facilitadas directamente ás persoas nos seguintes supostos:

-Asistencia sanitaria prestada aos asegurados ou beneficiarios do sistema de Seguridade Social, pertencentes á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Mutualidade Xeral Xudicial ou ao Instituto Social das Forzas Armadas, que non fosen adscritos a recibir asistencia sanitaria da rede sanitaria da Seguridade Social.

-Asistencia prestada aos asegurados ou beneficiarios, nos supostos de empresas colaboradoras na asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.

-Asistencia sanitaria prestada nos supostos de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais a cargo de mutuas de accidentes de traballo.

-Seguros obrigatorios.

-Convenios ou concertos con outros organismos ou entidades.

-Outros obrigados ao pagamento.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo II, do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 47 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade oferente.

Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991 foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade aprobar os módulos económicos para a prestación de servizos propios, conveniados ou contratados do Servizo Galego de Saúde, así como a súa modificación.

En virtude do Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, os ingresos procedentes da prestación de servizos sanitarios por parte das fundacións teñen a consideración de ingresos de dereito público, polo que é necesario incluír os prezos dos servizos prestados polas fundacións públicas sanitarias neste decreto.

Faise necesario actualizar e ampliar o Decreto 83/2004, do 15 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, para efectos de adecuar as tarifas ao custo económico derivado do servizo ou actividades prestadas.

Sendo, pois, necesario regular a percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, por proposta do conselleiro de Sanidade, co informe da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. Apróbanse as tarifas que figuran nos anexos I, II, III, e IV deste decreto, aplicables aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

    Para a liquidación das tarifas contidas no anexo IV consideraranse terceiros obrigados ao pagamento as compañías privadas de saúde naqueles supostos de transporte sanitario urxente de carácter vital cando o paciente, sexa ou non beneficiario da Seguridade Social, subscribise voluntariamente unha póliza con esa compañía, agás que nas condicións do contrato estivese expresamente excluído ese transporte.

    Nos supostos de terceiros obrigados ao pagamento, por tratarse de gastos non financiables con ingresos da Seguridade Social (artigo 83 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade), cando o paciente non facilite os datos do terceiro obrigado para a súa correcta facturación, o gasto asistencial será ao seu cargo.

  2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables á asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (atención primaria e especializada) e nas fundacións públicas hospitalarias.

  3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos en que sexan de aplicación os convenios marco de asistencia sanitaria para o ano 2005 con institucións sanitarias públicas.

    As tarifas recollidas nos anexos III e IV serán aplicables, respectivamente, pola Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía e pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servizo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 83/2004, do 15 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sani

tarias, coa excepción dos prezos públicos contidos no seu anexo V.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Prezos de servizos sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario (en euros)

  1. Estadías.

    1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de404,79.

    2. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servizo de reanimación, unidade de queimados, lesionados medulares, ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario) facturarase por874,29.

    3. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos179,47.

    4. Por estadía no hotel de pacientes86,34.

    5. Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).

      Cando o paciente ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación pola metade do valor dunha estadía completa.

    6. Na estadía están incluídas as prestacións de todos os servizos e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade como custo independente da estadía, recollidas na letra C deste decreto como servizos especiais.

    7. No suposto de estadías con permiso de fin de semana, aplicaranse as mesmas tarifas dos puntos anteriores.

  2. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

    1. Por primeiras consultas ambulatorias134,00.

      Entenderase por primeira consulta ambulatoria aquela que inicia un proceso de consulta por ser un paciente novo para ese servizo ou GNA (Grupo Normalizado de Agregación), por suceder a unha consulta de alta ou ter pasado máis de 18 meses sen programación desde a última consulta nese servizo ou GNA.

    2. Por revisións e sesións ambulatorias poshospitalarias44,67.

      Entenderase por revisión aquela consulta que sucede a outra consulta non de alta dese paciente, nese mesmo servizo ou GNA polo mesmo proceso asistencial.

      Entenderase por sesión ambulatoria poshospitalaria aquela consulta ambulatoria programada que sucede a un ingreso dese paciente no mesmo servizo ou GNA ou a unha atención en urxencias polo mesmo proceso asistencial e polo mesmo GNA.

    3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

      3.1. Cirurxía maior ambulatoria:

      Proceso asistencial en que se inclúe a realización dun procedemento dos recollidos neste punto, así como un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas revisións) e as probas diagnósticas necesarias para a realización do dito procedemento.

      No suposto de que o paciente tivese que ingresar, a facturación por estadía sería independende da que corresponda por proceso.

      EspecialidadeProcedementoTarifa

  3. vascularCirurxía de varices en M.I.1.439,15

    Fístula arteriovenosa2.239,81

  4. xeralBiopsia hepática infantil con anestesia xeral3.476,42

    Cirurxía anal non complexa (hemorroides, fístulas e fisuras)1.099,69

    Escisión e incisión do sinus pilonidal1.112,30

    Extirp. de tum. benigna de mama (neo. benigna, mastop. quist., fibroad., fibroesc.). Exclúense as biopsias1.314,64

    Herniorrafía inguinal, femoral ou umbilical1.193,81

    Herniorrafía ventral 1.437,30

    Colecistectomía laparoscópica2.090,64

    MaxilofacialCirurxía articulación témporo-mandibular2.203,28

    Cirurxía de cordais con anestesia xeral2.125,07

    Fracturas faciais simples de arco cigomático e malar1.283,31

    Tratamento cirúrxico de tumor benigno maxilar2.495,30

    NeurocirurxíaNucleotomía percutánea3.266,21

    OftalmoloxíaCirurxía corrección estrabismo1.188,46

    Cirurxía sobre o polo anterior do ollo1.885,51

    Tratamento cirúrxico de cataratas1.511,60

    Inserción de lente intraocular secundaria1.511,60

    Cirurxía vítreo-retina3.000,00

    Cirurxía glaucoma2.500,00

    ORLAmigdalectomía e/ou adenoidectomía877,35

    Endoscopia nasosinusal (inf., ectom. e polipose)1.496,39

    Microcirurxía de larinxe1.207,90

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR