Resolución do 30 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 29 de xuño de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia).

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia); e convocar para 2010 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.

Segundo.-O prazo para a presentación de solicitudes comezará aos sete días naturais desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte) e rematará o 15 de decembro de 2010.

No caso de esgotamento do crédito o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

Terceiro.-Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe:

Ver referencia pdf "21100D008P014.PDF"

O director xeral do Igape poderá ampliar o crédito e modificar a partida orzamentaria, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar axudas por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Quinto.-Publicar o convenio de colaboración para as axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), ao que se deben adherir as entidades colaboradoras.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia)

A cadea industrial da madeira é un dos sectores estratéxicos en Galicia seriamente afectada negativamente polos efectos da crise a nivel global. A tendencia á alza dos últimos anos na corta de madeira en Galicia rómpese no 2009, cun descenso do 22% que as sitúa en niveis semellantes ao 2003; no que se refire á primeira transformación da madeira a facturación cae nun 31%, cunha caída estimada do emprego de arredor do 15%. No caso da carpintaría e mobiliario a facturación de 2009 caeu nun 22% respecto ao 2008, do que xa se arrastraba unha caída dun 12% respecto ao ano anterior.

En conxunto o sector da madeira facturou en 2009 un 28% menos que o ano anterior, polo que cómpre adoptar diferentes medidas de impulso e estímulo no sector no seu conxunto.

A Consellería de Economía e Industria, á vista do éxito que no eido da automoción tivo durante o ano 2009 a medida de incentivos á compra con achatarramento de vehículos, Plan Re-móvete, de acordo cos representantes dos establecementos de venda de mobiliario en Galicia, considera conveniente establecer un incentivo temporal á demanda para a adquisición de mobiliario e, tendo en conta que dentro do mobiliario son os mobles de madeira para o fogar e os colchóns os bens que, indirectamente, puidesen ter unha incidencia positiva no sector estratéxico industrial de fabricación producida en Galicia, pon en marcha o programa de axudas e incentivos Plan Remóblate Galicia para o ano 2010.

As convocatorias desta liña de axudas serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. As ditas convocatorias incluirán o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Polo seu obxecto e finalidade e por non corresponder avaliación ningunha das solicitudes, senón a mera comprobación dos requisitos dos beneficiarios, as axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A preparación e presentación por parte da entidade colaboradora de solicitudes será necesariamente telemática, en beneficio de ambas as partes.

Artigo 1º Obxecto.

Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación dunha liña de axudas a fondo perdido para incentivar a demanda de mobles de madeira para o fogar e colchóns, para persoas físicas.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/remoblate a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda colaboradores para a xestión deste programa e dos fabricantes adheridos a el.

Artigo 2º Beneficiarios.

2.1. O Igape poderá conceder axudas a fondo perdido para a adquisición de mobiliario de madeira para o fogar e colchóns aos seguintes beneficiarios: persoas físicas maiores de 18 anos que adquiran un ben obxecto de axudas nun establecemento de venda de mobles ou colchóns situado en Galicia e pertenecente a unha peme, incluídos traballadores autónomos, que sexa entidade colaboradora do Plan Remóblate Galicia.

2.2. Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e, en xeral, cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia para obter a condición de beneficiario e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións; aínda que estarán exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social en virtude do establecido no artigo 48 letras i) e l) da Lei 9/2009, de 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2010.

Artigo 3º Condicións das operacións subvencionadas.

3.1. Serán subvencionables as operacións de compra de mobles de madeira para o fogar ou colchóns realizadas nunha entidade colaboradora, establecemento de venda, e fabricados por unha empresa de fabricación adherida, formalizadas desde a entrada en vigor destas bases e ata o 15 de decembro de 2010 ou, en todo caso, ata o esgotamento do orzamento asignado, do que se dará publicidade no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, que cumpran as seguintes condicións:

  1. Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgunha das entidades colaboradoras, establecementos de venda, adheridas a esta iniciativa.

  2. Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 600 € (excluíndo impostos).

  3. A subvención máxima que deberá percibir a persoa física será de 280 € nunha ou varias operacións.

  4. Os establecementos de venda deberán identificar claramente os mobles e colchóns susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases, posto que unicamente serán susceptibles de axuda os bens en que o seu fabricante se adhira ao programa, segundo o estipulado no artigo 8º destas bases.

3.2. Os bens subvencionables non poderán ser adquiridos polos beneficiarios previamente a que a entidade colaboradora obteña a autorización do Igape para realizar a operación, segundo o estipulado no artigo 10º destas bases.

3.3. O Igape autorizará as operacións indicadas polas entidades colaboradoras, mentras exista crédito dispoñible para a operación introducida no sistema de tramitación e advertindo, se é o caso, do seu esgotamento, caso en que se impedirá a introdución da operación no sistema informático, quedando así a entidade colaboradora informada en tempo real da imposibilidade de seguir propoñendo aos seus clientes operacións subvencionables polo Plan Remóblate, despois de consumido o crédito disposto polo Igape para o programa.

Artigo 4º Contía das axudas.

4.1. As axudas serán as seguintes:

  1. Axuda outorgada polo Igape: un 7% sobre o custo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido na seguinte letra b), cun máximo acumulado de subvención de 280 € por persoa física.

  2. Desconto conxunto realizado polo establecemento de venda (entidade colaboradora do programa) e polo fabricante adherido: un 8% sobre o custo dos bens, impostos excluídos e antes da axuda establecida na letra a) anterior. A axuda do Igape condiciónase a este desconto realizado conxuntamente polo establecemento de venda e o fabricante.

Polo tanto, a axuda resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 15%, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se puidese obter por políticas concretas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR