Decreto 184/2007, do 13 de setembro, polo que se crea a Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios.

Sección:I. Disposicións Xerais
Emisor:CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de Lei:Decreto
 
INDEX
FREE EXCERPT

O artigo 158 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea establece que, co fin de reforzar a súa cohesión económica e social, a comunidade proponse reducir as diferenzas entre os niveis de desenvolvemento das diversas rexións e o atraso das rexións menos favorecidas, incluídas as zonas rurais. O artigo 159 do tratado estipula que esa actuación estará apoiada polos fondos con finalidade estrutural, o Banco Europeo de Investimentos (BEI) e os outros instrumentos financeiros existentes.

Así mesmo, segundo o acordado nos consellos europeos de Lisboa, do 23 e 24 de marzo de 2000, e de Gotemburgo, do 15 e 16 de xuño de 2001, a política de cohesión para o septenio 2007-2013 debe contribuír tamén a incrementar o crecemento, a competitividade e o emprego, para o que debe incorporar as prioridades comunitarias en materia de desenvolvemento sustentable.

Para financiar esta política, os fondos que facilitarán axuda no marco da política de cohesión son agora o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), o Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo de Cohesión, de conformidade cos seus respectivos regulamentos de aplicación adoptados en virtude dos artigos 148, 161 e 162 do tratado.

Neste novo contexto resulta necesario especificar a función dos instrumentos de axuda ao desenvolvemento rural, isto é, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, segundo o Regulamento (CE) nº 1698/2005, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e ao sector pesqueiro, en concreto o Fondo Europeo de Pesca (FEP). Estes instrumentos deben integrarse cos da política agraria común e da política común da pesca e coordinarse cos instrumentos da política de cohesión.

Seguindo as previsións establecidas no Regulamento 1083/2006, xeral de fondos, o Marco Estratéxico Nacional de Referencia (MENR) 2007-2013 presentado polo Goberno de España e aprobado pola Comisión o pasado 7 de maio, recolle a creación dun comité de coordinación dos fondos europeos.

A programación dos recursos debe garantir a coordinación dos fondos entre si e cos demais instrumentos financeiros existentes, así como co BEI e o Fondo Europeo de Investimentos. Esta coordinación debe estenderse tamén á elaboración de plans financeiros complexos e ás asociacións público-privadas. Como instrumento para garantir esta...

To continue reading

REQUEST YOUR TRIAL