DECRETO 145/2013, do 5 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 21 de xullo de 2011 a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Orde do 9 de xullo de 2009, DOG do 16 de xullo), resolveu aprobar definitivamente o proxecto de construción: actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1).

A actuación resulta necesaria para habilitar un novo viario que permita a canalización do tráfico rodado derivado da actividade que produce o porto de Burela, facilitando e axilizando o tráfico de vehículos pesados xerado por aquel e reducindo os riscos para a seguridade viaria, así como os impactos ambientais que produce o paso dese tipo de vehículos polo centro urbano.

Por outra parte, a urxencia de executar as obras contidas no proxecto vén derivada tamén do feito de que as obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03) xa foron iniciadas no ano 2007, sobre a base dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Portos de Galicia, pero foron paralizadas en 2008 por unha serie de condicionantes técnicos e xurídicos, chegando a perder vixencia o convenio antes da súa reanudación, o que levou consigo a resolución do contrato das obras sen chegar a completarse aquelas.

Estas circunstancias obrigan a unha inmediata actuación dos poderes públicos para facer fronte aos problemas de seguridade viaria e impacto ambiental xerados polo tráfico con orixe e destino no porto de Burela. De aí a necesidade de proceder de forma inmediata á execución do proxecto de referencia e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR