Resolución do 9 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-2003, subscrito en representación da parte económica por APECCO, e da parte social, pola UGT, CC.OO. e CIG o día 30-7-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de setembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para as industrias da construcción da provincia da Coruña ano 2003

Actividade: construcción e obras públicas.

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio será de obrigado cumprimento en tódalas actividades propias do sector da construcción que se determinan no convenio xeral do sector e que non teñan convenio propio.

Artigo 2º Ámbito territorial.

Este convenio xeral será de aplicación en todo o territorio da provincia da Coruña, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º Ámbito persoal.
  1. A normativa deste convenio será de obrigada e xeral observancia para tódalas empresas, entidades públicas e traballadores das actividades enumeradas no artigo 1º.

  2. Exclúese do ámbito do presente convenio o persoal directivo (nivel I). Este persoal é de libre designación pola empresa. A súa relación laboral rexerase polo seu contrato de traballo e, se é o caso, pola normativa especial que lle resulte de aplicación.

Se un directivo non foi contratado como tal, senón que accede ó dito cargo por promoción interna na empresa, soamente estará excluído da aplicación deste convenio mentres desempeñe o dito cargo e para as condicións que deriven exclusivamente del.

Artigo 4º Ámbito temporal.

A vixencia, para efectos económicos, deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2003, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou no BOP, coas actualizacións que recolle o artigo 6º.

Malia o anterior, e para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto no seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º Prórroga.

A denuncia da rescisión ou revisión do convenio deberá realizarse cunha antelación de tres meses á súa terminación ou prórroga en curso. A denuncia deberá efectuarse mediante comunicación escrita á outra parte; contarase o prazo dela desde a data de recepción da dita comunicación.

Artigo 6º Incrementos económicos.

O incremento económico atópase reflectido nos conceptos do salario base, gratificacións extraordi

narias, retribucións de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 7º Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o índice anual de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 2003 supere o 2%, correspondente ó previsto para 2003 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º deste convenio.

Artigo 8º Prelación de normas.

As normas que contén este convenio regularán, con carácter preferente e prioritario, as relacións entre os traballadores e empresarios afectados por el.

No que non está previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispón o convenio xeral do sector da construcción, Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais vixentes.

Artigo 9º Compensación e absorción.

As condicións que se implantan por virtude deste convenio compensarán e/ou absorberán calquera outra que exista á súa entrada en vigor, sexa cal fose a súa natureza ou a orixe da súa existencia, así como as que se poidan establecer por normas publicadas durante a súa vixencia, a non ser que estas formen un conxunto máis beneficioso para o traballador, consideradas en cómputo anual; neste caso substituirán integramente as deste convenio.

Artigo 10º Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio, ou que se pacten durante a súa vixencia con persoa ou grupo de persoas, polas empresas afectadas por el, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, superen as establecidas por este, debido á condición que ten de normas mínimas de relación tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artigo 11º Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade laboral, en uso das súas facultades, non aprobase algún dos pactos contidos nel, este quedará sen eficacia práctica, e deberá ser reconsiderado o contido na súa totalidade.

Artigo 12º Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que esta designe na primeira reunión que teña lugar.

Quedará constituída por seis representantes dos traballadores e seis representantes dos empresarios, que serán designados polas centrais sindicais asinantes do presente convenio e a Asociación Pro

vincial de Empresarios da Construcción da Coruña (APECCO), respectivamente.

Nomearase secretario a un vocal da comisión.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade e aqueles que interpreten este convenio, terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

A comisión entenderá das seguintes cuestións:

  1. A interpretación do convenio.

  2. Por instancia dalgunha das partes, mediar e/ou tentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo destas e por solicitude delas, arbitrar en cantas ocasións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación deste convenio.

  3. Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

  4. As demais que se lle atribúen no convenio xeral.

Condicións económicas.

Artigo 13º Normas xerais.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se xuntan como anexo I e se regulan nos artigos seguintes:

O salario base devengarase durante tódolos días naturais. Os complementos salariais e extrasalariais devengaranse durante os días efectivamente traballados.

As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais na seguinte forma:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

As formas de devengo da retribución anual virán dadas pola seguinte fórmula:

R.A.=S.B.x335+[(CS+CE)xNº de días efectivos de traballo)]+Vacacións+P.X.+P.N.

Sendo:

R.A.=retribución anual.

S.B.=salario base.

C.S.=complementos salariais.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR