Resolución do 21 de setembro de 2010 pola que se publica o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2010 e se aproban as bases para a participación nestas accións formativas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

A Administración pública en xeral e, en particular, a Administración de xustiza de Galicia debe contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, e que dean resposta ás súas demandas e problemas. Para cumprir este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr unha Administración máis doada, áxil e eficaz. Desde esta perspectiva, a Escola Galega de Administración Pública pretende potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación e o perfeccionamento dos empregados públicos.

O IV Acordo de formación continua nas administracións públicas subscrito entre as organizacións sindicais representadas na Comisión Xeral para a Formación Continua e as administracións públicas sinala que a formación continua de todos os empregados públicos constitúe unha necesidade imprescindible para conseguir os obxectivos permanentes de eficacia e de modernización.

O plan de actividades correspondente ao ano 2010 da EGAP recibiu o informe favorable da Comisión Autonómica de Formación Continua, foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2009 e recolle a previsión de que a EGAP asumirá a partir do ano 2009 a organización dos cursos de formación continua para o cadro de persoal da Administración de xustiza de Galicia, tanto os que viña xestionando en parte a propia EGAP como os que xestionaba directamente a Dirección Xeral de Xustiza. Este plan de formación continua está destinado ao persoal da Administración de xustiza en Galicia por proceder os fondos que o financian das cotizacións dos traballadores públicos que prestan servizos nesta Administración.

Esta resolución pola que se publica o dito plan de formación ten, polo tanto, carácter informativo e queda condicionada a execución das accións nela contidas á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria.

As convocatorias das accións formativas e a apertura dos prazos de matrícula realizaranse a través da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es

O plan de formación estrutúrase en accións formativas de carácter xeral e específico. As accións formativas de carácter xeral teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizar funcións e tarefas en calquera posto de traballo ao longo da súa carreira profesional. Correspóndese con funcións, coñecementos e habilidades que son xenéricas e constitúen as bases da organización e o funcionamento da Administración.

As accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades formativas cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo que se desempeña e que inclúen contidos basicamente sectoriais que afectan competencias específicas.

RESOLVO:

Publicar o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia composto polos cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases, características e contidos detallados no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2010.

Pablo Figueroa Dorrego

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases para a participación nas accións formativas

Primeira.-Requisitos dos participantes.

  1. Poderán participar nas accións formativas anunciadas nesta resolución os funcionarios e as funcionarias dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos que se establezan para ser destinatarios en cada unha das accións do anexo II na respectiva convocatoria.

  2. Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado e deberase comunicar de inmediato esta incidencia á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR