Decreto 218/2007, do 8 de novembro, polo que se modifica o Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 505/2005, do 22 de setembro, aprobouse a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

Non obstante, o desenvolvemento práctico das competencias e funcións atribuídas ás distintas unidades administrativas aconsellan introducir algunhas modificacións na devandita estrutura co fin de facer máis áxil e eficaz a xestión administrativa.

Así, retócanse algunhas funcións do servizo de contratación da Secretaría Xeral, e nas delegacións provinciais, os servizos xurídico-administrativos que dependían das áreas provinciais do Instituto Galego de Vivenda e Solo pasan a depender das delegacións provinciais para poder asistir tamén aos outros servizos destas.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, tras os informes favorables da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de novembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

O Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo, queda modificado como segue:

Un.-No artigo 4º, o punto 4.2.2 queda redactado como segue:

4.2.2. Servizo de Contratación, coas funcións de coordinación e seguimento da contratación da consellería e dos seus organismos autónomos, servindo de apoio ao órgano de contratación, elaborará os pregos de cláusulas, os expedientes de contratación, os documentos contables e vixiará e xestionará a súa execución, así mesmo, encargarase da preparación e execución dos convenios

.

Dous.-O artigo 10º queda redactado como segue:

Para o cumprimento dos seus cometidos a delegación provincial contará coas seguintes unidades con rango de servizo:

10.1. Secretaría provincial, baixo a autoridade e supervisión da persoa titular da delegación, correspóndelle o exercicio das funcións relativas á coordinación dos diferentes servizos da delegación provincial, réxime interior, a tramitación administrativa, xestión de persoal e información ao público. Estas mesmas funcións exerceranse dentro do ámbito da área provincial do IGVS. Ademais levará a cabo a elaboración do anteproxecto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR