Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, creando a Consellería de Vivenda e Solo. Á súa vez o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O presente decreto ten por finalidade establecer a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo, adecuando esta ás necesidades reais da política de vivenda e solo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, logo do informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de setembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Vivenda e Solo é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de política de vivenda, favorecendo o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada. Así mesmo, correspóndelle a dirección da política en materia de patrimonio arquitectónico, habitabilidade e calidade da vivenda e a de creación dos instrumentos que a garantan, en particular a creación de solo residencial e de equipamentos acorde coas necesidades de asentamento da poboación. Complementariamente correspóndelle á consellería, a través dos seus órganos, dentro do marco da normativa de ordenación do territorio e a urbanística, o establecemento da política de solos de carácter produtivo, tales como o industrial, o comercial ou tecnolóxico, e en xeral, os que incidan na mellora da habitabilidade do territorio da comunidade autónoma, baseando aquela no principio de sostibilidade, en colaboración coa política de solos sectoriais específicos desenvolta por outros departamentos ou administracións en Galicia.

En particular correspóndenlle á consellería as seguintes funcións:

  1. Elaborar ou aprobar, de ser o caso, as normas polas que se establece a política da Xunta de Galicia en materia de vivenda e solo.

  2. Representar a posición da Xunta de Galicia nos órganos de representación, comisións, comités e foros, tanto nacionais como internacionais, que teñan competencia en materia de vivenda e solo, así como colaborar nestas materias con outros entes territoriais situados fóra da comunidade autónoma, sen prexuízo das competencias que en materia de relacións institucionais lle correspondan á Vicepre

    sidencia da Igualdade e do Benestar, e da regulación que lle corresponda a outros órganos.

  3. As relacións con outros órganos, estatais, autonómicos ou locais para a execución da política de vivenda.

  4. Elaborar ou aprobar, se é o caso, os plans autonómicos en materia de vivenda e solo, así como o desenvolvemento e a execución dos plans estatais en materia de vivenda e solo.

  5. Executar os anteriores plans, mediante accións directas ou no exercicio da súa competencia xeral de fomento, a través dos diferentes órganos ou entes que en cada caso correspondan.

  6. A elaboración de programas e establecemento de accións que promovan a innovación e a calidade da vivenda e dos procesos de edificación e urbanización para acadar estándares de calidade baixo os principios de sostibilidade, aforro e uso de enerxías renovables.

  7. O establecemento e desenvolvemento das medidas relativas á aplicación e complementación do Código Técnico da Edificación.

  8. O establecemento de medidas e programas que incentiven o desenvolvemento sostible, a promoción e xestión inmobiliaria, e a competitividade do sector, en colaboración cos axentes da edificación.

  9. A elaboración das estratexias de acción directa ou fomento para a renovación e recuperación urbana nos centros históricos ou noutros tecidos urbanos degradados que permitan a súa recuperación.

  10. A implantación das medidas para a recuperación e rehabilitación de núcleos e vivendas rurais, co fin de revitalizar os asentamentos de poboación e evitar o despoboamento do medio rural, na procura da posta en valor dun patrimonio arquitectónico da comunidade.

  11. A realización de análises e proxectos de investigación sobre a problemática da vivenda e o solo, que sexan necesarios para o establecemento da súa política.

  12. Elaborar ou aprobar, de ser o caso, os plans plurianuais de vivenda e solo establecendo a programación da construción de vivendas de promoción pública. As previsións para a vivenda urbana referiranse á construción de novas vivendas, á rehabilitación do parque existente, á recuperación e protección dos cascos históricos e ao novo crecemento.

  13. O establecemento das medidas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, para garantir a existencia de solo residencial con destino a construción de vivendas pola iniciativa privada, así como a actuación nestes solos coa finalidade de poñer á disposición da demanda solo a prezos reducidos.

  14. O establecemento das directrices ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a adquisición de solo e a súa urbanización, así como para a construción e rehabilitación de vivendas de promoción pública.

  15. A xestión e fomento do réxime de alugueiro como forma de acceso á vivenda.

  16. A implantación de políticas integradoras encarriladas á erradicación do chabolismo e a infravivenda, sen prexuízo das que lle correspondan ao departamento en materia de igualdade e do benestar.

  17. A análise e pulo de novas tecnoloxías aplicadas á construción de vivendas, no que respecta a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR