Resolución do 21 de setembro de 2010 pola que se convoca un curso sobre OpenOffice Writer básico para o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, que se desenvolverá a través da internet.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro das actividades programadas para o ano 2010, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Escola Galega de Administración Pública, e co obxecto de fomentar a empregabilidade do persoal con experiencia en protección civil e emerxencias a través da formación, anúnciase a convocatoria dun curso sobre OpenOffice Writer básico, que se desenvolverá a través da internet, conforme as seguintes bases:

  1. Datos da actividade.

    Denominación: OpenOffice Writer básico.

    Tipo: curso.

    Horas lectivas: 25.

    Modalidade: en liña.

    Edicións: 2.

    Obxectivos.

    O curso de OpenOffice Writer básico ten como obxectivo principal o coñecemento e manexo da ferramenta, identificando os elementos que conforman a ventá do programa, realizando as funcións básicas cos arquivos, aplicando distintos formatos de documento e páxina e realizando as funcións básicas de edición co texto.

    Contido.

  2. Introdución a OpenOffice.org.

  3. Introdución a OpenOffice.org. Writer.

  4. Introducir e editar o texto.

  5. Formatos do texto no documento.

  6. Manexo de imaxes no texto.

  7. Configuración e formatos de páxina.

  8. Táboas.

  9. Desenvolvemento da convocatoria.

    Destinatarios/as.

    Os cursos van dirixidos ao persoal profesional e voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

    Prazas ofertadas.

    50 por edición.

  10. Solicitudes de participación.

    1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es, na epígrafe Actividades formativas, Cursos con inscrición aberta, de acordo co disposto na base 4ª desta resolución, e non serán admisibles outros modelos de solicitude en que non conste a mesma información.

    2. Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través do web, deberán imprimila, asinala a/o solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello, e enviala á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, a través do fax 886 20 61 23, por correo postal, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación, de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR