Resolución do 14 de setembro de 2005 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería do Medio Rural.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería do Medio Rural os cursos que figuran no anexo, que se deberán desenvolver segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo oficial que figura ao final da convocatoria, dirixiranse á Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal; rúa As Fontiñas, 31-baixo, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería do Medio Rural ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 66 51, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 7 de outubro de 2005.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida, e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de todos os dereitos.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2005.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega

de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: aplicacións agrarias dos sistemas de información xeográfica.

  1. Obxectivos:

    Acadar coñecementos básicos dos distintos tipos de sistemas de información xeográfica e coñecer as súas aplicacións agrarias e ambientais.

  2. Destinatarios:

    Técnicos da Administración autonómica relacionados coas aplicacións agrarias dos SIX.

  3. Criterios de selección:

    1. Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

    2. Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

    3. Outro persoal.

  4. Desenvolvemento:

    4.1. Duración: 18 horas.

    4.2. Lugar de realización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) A Coruña.

    4.3. Datas: 24, 25, 26 e 27 de outubro de 2005.

    4.4. Horario: das 9.30 ás 14.00 horas.

    4.5. Prazas: 50.

  5. Contido:

    Coñecementos básicos e tipos de sistemas de información xeográfica. Aplicacións do SIX: modelo dixital do terreo; mapa de usos do solo de Galicia; bacías hidrográficas de Galicia; prevención da contaminación de augas por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR