Resolución do 7 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, pola que se anuncian cursos de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico e cualificado para agricultores, persoal auxiliar e responsables de establecementos e servizos fitosanitarios.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyResolución

A Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, na letra b) do artigo 41 especifica que os usuarios e quen manipule produtos fitosanitarios deberá cumprir os requisitos de capacitación establecidos pola normativa vixente, en función das categorías e clases de perigosidade dos produtos fitosanitarios.

A Orde do 8 de marzo de 1994, modificada pola Orde PRE2922/2005, que establece a normativa reguladora da homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, define, no número un do punto segundo, os niveis de capacitación, especificando os programas no seu anexo.

Na Comunidade Autónoma de Galicia a Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, establece a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas así coma para a obtención do carné de manipulador destes produtos. No seu artigo 9 establece a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

A imposibilidade de satisfacer a demanda destes cursos pola brevidade do prazo establecido na Resolución do 15 de maio de 2007, da Direción Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, obriga a facer unha segunda convocatoria para 2007

En virtude do exposto e das atribucións que me confire o artigo 9 do Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria,

RESOLVO:

Primeiro.-Obxecto.

Convocar cursos de nivel básico e cualificado que organizarán as oficinas agrarias comarcais e os centros de formación e experimentación agroforestal da Consellería do Medio Rural.

Segundo.-Beneficiarios dos cursos.

  1. Os cursos están dirixidos a persoas que queiran adquirir un dos seguintes niveis de capacitación:

    1.1. Nivel básico:

    Dirixido a agricultores que realizan na súa explotación os tratamentos fitosanitarios sen persoal auxiliar, persoal de establecementos fitosanitarios e persoal auxiliar de empresas de tratamentos fitosanitarios.

    1.2. Nivel cualificado:

    Dirixido a agricultores que realizan na súa explotación os tratamentos fitosanitarios con persoal auxiliar, responsables de empresas de tratamentos fitosanitarios e responsables de empresas de distribución de fitosanitarios.

  2. O número de asistentes a cada curso será de 10 persoas como mínimo e de 30 como máximo.

    Terceiro.-Características dos cursos, contidos e avaliación

  3. O horario e data de comezo dos cursos estará exposto no taboleiro de anuncios de cada unidade organizadora cun mes de antelación á data do seu inicio.

  4. Os cursos terán para o nivel básico un mínimo de 25 horas lectivas e para o nivel cualificado un mínimo de 72 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado. Neles impartiranse os contidos que figuran no anexo III de acordo coa Orde PRE/2922/2005, do 19 de setembro (BOE nº 228, do 23 de setembro de 2005).

  5. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR