Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control dos traslados de residuos perigosos producidos por pequenos productores de residuos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A exposición de motivos da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, seguindo o criterio da normativa comunitaria sinala que, como complemento da regulación de carácter xeral, se poderán dictar normas para os diferentes tipos de residuos coa finalidade de establecer disposicións particulares sobre a súa producción ou xestión. Así, tamén a disposición adicional primeira da devandita norma permite que regulamentariamente se estableza un réxime menos severo para os pequenos productores de residuos perigosos ou de productos do uso dos cales puidesen derivar tales residuos. Por último, a disposición derradeira terceira da Lei 10/1998 recoñece as competencias das comunidades autónomas no desenvolvemento e na execución da devandita lexislación básica.

Neste sentido, púidose constatar que certas actividades industriais ou de servicios, tales como as tinturerías, os laboratorios fotográficos, os talleres mecánicos, as imprentas, as realizadas por profesionais sanitarios, poden chegar a xerar residuos perigosos en pequenas cantidades que, de acordo coa normativa vixente, deben ser entregados a xestores autorizados. Non obstante, a práctica demostrou que o uso e a aplicación ás devanditas entregas dos documentos oficiais de control e seguimento establecidos con carácter xeral polo Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos, resultan desproporcionados.

Por iso se considerou conveniente establecer, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, un réxime simplificado de control na recollida e traslado de residuos procedentes de pequenos productores de residuos perigosos, nunha dobre dirección: por unha parte, facilitando o control nas recollidas itinerantes de residuos perigosos en pequenas cantidades realizadas por un xestor a varios productores e, por outra, permitindo que as recollidas de distintos residuos dun mesmo productor realizadas por un xestor, se poidan documentar nun só protocolo.

Deste xeito, a diferencia do actual sistema de control de traslados de residuos perigosos, este procedemento non esixirá que por cada traslado e por cada residuo se teña que realizar un documento de control e seguimento, contendo tamén unha simplificación o sistema de cotexo de datos entre o pequeno productor e o xestor de residuos.

Este réxime simplificado pretende incidir exclusivamente na tramitación e documentación dos traslados de residuos perigosos, sen afecta-lo réxime xeral das obrigas establecidas na actual normativa

respecto das dos productores e xestores de residuos perigosos.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintesete de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. O obxecto deste decreto é establecer un réxime simplificado de control da recollida de residuos perigosos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e simplifica-lo control do transporte de residuos perigosos xerados polos pequenos productores destes residuos, entendendo por pequenos productores aqueles que xeran ou importan menos de 10.000 kg ó ano de residuos tóxicos e perigosos e están inscritos no Rexistro Xeral de Xestores e Productores de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR