Decreto 4/2008, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as condicións para a recollida e transporte de subprodutos e produtos transformados de orixe animal non destinados ao consumo humano e para a autorización dos vehículos utilizados.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Describíronse numerosas situacións no ámbito mundial en que se atribúe ao transporte un papel importante na propagación de enfermidades entre explotacións gandeiras.

De feito, o control das condicións en que se realiza o transporte é un dos principais riscos que deben estar previstos nos plans de bioseguridade das granxas.

A pesar de coñecer os riscos implícitos á utilización de vehículos, non é posible renunciar aos labores de apoio que supoñen no funcionamento diario das explotacións (transporte de materias primas, de produtos, de animais, etc.), ou na xestión axeitada de calquera tipo de subprodutos xerados nunha explotación ou noutro establecemento produtor.

Faise necesaria a adopción de medidas preventivas específicas que tendan a eliminar ou minimizar os riscos asociados.

As persoas condutoras dos vehículos igualmente poden actuar como vectores transmisores, polo tanto deben equiparse coa vestimenta adecuada e respectar as condicións hixiénicas preceptivas durante a realización dos labores de recollida, transporte e descarga.

Baseándose nestas premisas, e co obxecto de cumprir o establecido no artigo 7 e o anexo II do Regulamento (CE) 1774/2002, do 3 de outubro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais non destinados ao consumo humano, e no Real decreto 1559/2005, do 23 de decembro, sobre condicións básicas que deben cumprir os centros de limpeza e desinfección dos vehículos dedicados ao transporte por estrada no sector gandeiro, publícase este decreto para establecer o procedemento axeitado de manipulación, recollida e transporte dos subprodutos e produtos transformados de orixe animal xerados nas explotacións gandeiras e noutras instalacións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xa que logo, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto:

    1. Regular as condicións de recollida e transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

    2. Regular o procedemento de autorización e rexistro dos vehículos e contedores para o transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

    3. Crear o rexistro de vehículos autorizados para o transporte dos subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

    4. Regular o procedemento para a expedición da autorización.

  2. As medidas establecidas neste decreto serán exixibles sen prexuízo da aplicación das demais normas de hixiene aplicables á recollida e ao transporte de subprodutos animais transformados, recollidas no anexo II do Regulamento (CE) nº 1774/2002, do Parlamento Europeo e do Consello, do 3 de outubro de 2002, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

    Capítulo II

    Actuacións no establecemento produtor

Artigo 2º Medidas de bioseguridade.

Adoptaranse as seguintes medidas preventivas de bioseguridade específicas no establecemento produtor de subprodutos, para eliminar ou minimizar os riscos asociados ao seu transporte:

  1. Evitar a entrada dos vehículos ás zonas en que se desenvolve a actividade do establecemento produtor.

  2. Revisar as partes dos vehículos susceptibles de contaminación e establecer sistemas de limpeza e desinfección destes.

  3. Delimitar a zona de circulación dos vehículos dentro do establecemento produtor, manténdoos sempre fóra do perímetro de seguridade, que se corresponderá coa zona de actividade.

  4. Exixir rexistros de limpeza e desinfección dos vehículos antes da súa carga.

Capítulo III

Procedemento de recollida

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR