Resolución do 19 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de novembro de 2009 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque Eólico Fontesilva e das disposicións normativas contidas no devandito proxecto sectorial.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de novembro de 2009, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Fontesilva, promovido por Desarrollos Eólicos, S.A.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento nos concellos de Santa Comba e Coristanco queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba

.

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, modificada pola disposición adicional segunda da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial do Parque Eólico Fontesilva.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2009.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial do Parque Eólico Fontesilva

  1. Análise da relación do proxecto sectorial co planeamento urbanístico vixente.

    I.1. Planeamentos urbanísticos vixentes.

    I.1.1. Planeamento vixente no concello de Coristanco

    O Concello de Coristanco presenta como figura de ordenación do territorio vixente a de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado o 12 de maio de 2000. Os datos básicos deste planeamento son os seguintes:

    Aprobación definitiva: 12-5-2000.

    Aprobación definitiva no BOP: 21-6-2000.

    Aprobación definitiva no DOG: 4-7-2000.

    Publicación de normativa: 21-6-2000.

    A maior parte da Área de estudo ten como vexetación a arbustiva a base de Ulex spp. e Erica spp. de tamaño medio. A vexetación arbórea na zona de implantación do parque eólico está dominada case exclusivamente por repoboacións de eucalipto e nalgún caso de piñeiro. Canto á vexetación herbácea, esta ocupa as zonas baixas e anexas aos núcleos poboados, así como algunhas croas no interior da área de afección ambiental do parque, que forma pastos creados para a súa explotación con gando vacún en réxime extensivo desde hai anos.

    Por iso, a dedicación das parcelas afectadas e, en xeral, das da contorna será:

    -Monte baixo.

    -Repoboacións de eucalipto.

    -Repoboacións de piñeiro.

    -Masas adultas de eucalipto.

    -Prado.

    O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Coristanco clasifica as zonas afectadas pola implantación do Parque Eólico Fontesilva coa seguinte denominación:

    -Solo rústico común.

    -Solo rústico de protección forestal.

    -Solo rústico de protección agropecuaria.

    -Solo rústico de protección de espazo natural.

    I.1.2. Planeamento vixente no concello de Santa Comba.

    O Concello de Santa Comba presenta como figura de ordenación do territorio vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado o 5 de abril de 2001. Os datos básicos deste planeamento son os seguintes:

    Aprobación definitiva: 5-4-2001.

    Aprobación definitiva no BOP: 16-4-2001.

    Aprobación definitiva no DOG: 18-4-2001.

    Publicación de normativa: 16-4-2001.

    Canto á dedicación das parcelas afectadas, neste concello constátase a escasa existencia de vexetación arbórea, ben que a vexetación arbustiva e herbácea teñen similares características ás anteriormente expostas para o concello de Coristanco.

    O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santa Comba clasifica as zonas afectadas pola implantación do Parque Eólico Fontesilva coa seguinte denominación:

    -Solo rústico de protección agropecuaria.

    -Solo rústico de protección forestal.

    -Solo rústico de protección de leitos.

    I.2. Análise do proxecto sectorial en relación co planeamento urbanístico vixente.

    I.2.1. Concello de Coristanco.

    Como se comentou no anterior punto, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Coristanco clasifica as zonas afectadas pola implantación do Parque Eólico Fontesilva coas seguintes denominacións:

    -Solo rústico común.

    -Solo rústico de protección forestal.

    -Solo rústico de protección agropecuaria.

    -Solo rústico de protección de espazo natural.

    1. Segundo este PXOM, o solo rústico común comprende os terreos que o presente planeamento non inclúe en ningunha das clases de solo restantes (urbano, de núcleo rural e urbanizable), aqueles que non son obxecto dunha especial protección ao non teren un valor excepcional, pero que se consideran inadecuados para se incorporaren ao desenvolvemento urbano, debido a súa natureza.

      Usos:

      -Construcións destinadas a actividades agrícolas, forestais, gandeiras ou outras que garden relación coa natureza e destino do predio, ou coa explotación de recursos naturais.

      -Construcións e instalacións vinculadas á execución, mantemento e servizo das obras públicas.

      -Edificacións e instalacións de utilidade pública ou interese xeral que teñan que situarse necesariamente neste tipo de solo ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR