Decreto 4/2004, do 8 de xaneiro, polo que se establecen os criterios ós que se suxeitará a distribución e a práctica da liquidación definitiva do Fondo de Cooperación Local correspondente ó exercicio de 2001.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante sentencias números 1646/2002, do 30 de outubro, e 105/2003, do 5 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Primeira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en procesos instados, respectivamente, polos concellos da Coruña e Vigo, anulouse o Decreto 260/2001, do 4 de outubro, polo que se desenvolve a disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, no relativo á aplicación e xustificación polos concellos beneficicarios do Fondo de Cooperación Local para o exercicio de 2001.

O referido decreto, recollendo o acordo adoptado, a iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias, pola Comisión Galega de Cooperación Local, no exercicio das competencias atribuídas ó referido órgano pola disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, consideraba como beneficiarios do Fondo de Cooperación Local no ano 2001 os concellos de poboación non superior a 50.000 habitantes.

En cumprimento das sentencias indicadas, o presente decreto estende á totalidade dos concellos de Galicia o dereito á percepción do fondo, establecendo as normas ás que deberá axustarse a súa distribución e liquidación no referido exercicio.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto establece as normas ás que se suxeitará a distribución e liquidación definitiva do Fondo de Cooperación Local correspondente ó exercicio 2001, no marco do previsto na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, así como dos acordos adoptados ó seu abeiro pola Comisión Galega de Cooperación Local.

Artigo 2º Beneficiarios.

Serán beneficiarios do Fondo de Cooperación Local tódolos concellos de Galicia, así como a Federación Galega de Municipios e Provincias.

As respectivas participacións determinaranse de conformidade co establecido no capítulo II deste decreto.

Capítulo II

Criterios de reparto

Artigo 3º Distribución do fondo.
  1. Un 1% do seu importe integrará a partida con destino ós gastos de mantemento propios da FEGAMP prevista na disposición adicional oitava, punto 7 da Lei 5/2000, do 28 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR