Resolución do 26 de xuño de 2007 pola que se convocan cursos, na modalidade de teleformación, para o persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) aprobado para o 2007, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cursos, na modalidade de teleformación, para o persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Requisitos dos participantes.

Poderán participar nas accións formativas convocadas por esta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados no Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia que se encontran en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada un dos cursos relacionados no anexo I. Terán prioridade o persoal daquela entidade que teña convenio vixente coa EGAP relativo á accións formativas.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Segunda.-Acceso ás actividades, datas e lugares de realización.

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para cada curso no anexo I. A participación nos cursos que teñan lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.

Os cursos realizaranse coa duración e condicións que para cada un deles se indican no anexo I. A información será actualizada na páxina web da EGAP, http://www.egap.xunta.es.

Terceira.-Solicitudes.

  1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es, de acordo co disposto na base 4ª desta resolución, non sendo admisibles outros modelos de solicitude.

  2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

  3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecidas no punto anterior ou sexan presentadas fóra de prazo.

  4. As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

    -Ordenador con conexión á internet

    -Calquera navegador web co plugin de flash

    -Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

  5. As solicitudes cubertas adecuadamente de acordo coa base 4ª entenderanse presentados na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matrícula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 30 ou correo electrónico ao enderezo local.egap@xunta.es, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  6. Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de encontrárense varias solicitudes dunha mesma persoa só serán considerados os datos achegados a través da internet.

  7. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de xullo de 2007.

    Cuarta.-Formulario normalizado de solicitude.

  8. Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da aplicación informática de matrícula en liña da Escola Galega de Administración Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula.

  9. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

  10. Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización dos prazos de presentación de solicitudes.

  11. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do número de teléfono: 981 54 63 40, o fax: 981 54 63 30 ou enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

    Quinta.-Selección.

  12. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 30 de xaneiro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 7 de febreiro) e, de ser o caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa sinalados no anexo I.

  13. A EGAP solicitará á entidade da que dependan os solicitantes toda a información que precise para efectuar a selección conforme os criterios sinalados no punto anterior.

  14. Así mesmo poderá ser solicitado o asesoramento dos profesores na materia dos cursos cando sexa conveniente para unha mellor selección e a homoxeneización do grupo de alumnos, para o que poderán ser establecidas probas previas de nivel.

  15. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos nalgún curso, poderá completarse o número de alumnos asignados a eles mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas.

    Sexta.-Publicación das relacións do persoal seleccionado.

  16. A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://www.egap.xunta.es unha relación provisional das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como a un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR