DECRETO 111/2012, do 8 de marzo, polo que se acorda a transacción con Brenntag Química, S.A.U. e Chartis Europe, S.A., en relación coa acción civil da Xunta de Galicia derivada do sinistro acaecido o 1 de setembro de 2006 nas instalacións de Brenntag Química, S.A.U., en Caldas de Reis.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O día 1 de setembro de 2006 produciuse unha explosión no interior das instalacións da entidade Brenntag Química, S.A. (en adiante Brenntag), situadas na estrada nacional N-640, marxe esquerda da dita vía en sentido Vilagarcía de Arousa, nas inmediacións do río Umia, no concello de Caldas de Reis. Como consecuencia desa explosión, produciuse unha vertedura dos produtos que existían en tales instalacións ao río Umia que requiriu dunha serie de actuacións da Xunta de Galicia.

Para o esclarecemento dese feitos desde o punto de vista penal abríronse as dilixencias previas 577/2006 no Xulgado de Instrución número 2 de Caldas de Reis. En tales dilixencias compareceu a Xunta de Galicia para os efectos do exercicio das accións penais e civís.

Mediante o auto dese xulgado instrutor do 17 de marzo de 2011 decretouse a apertura de xuízo oral contra tres empregados de Brenntag por delito contra os recursos naturais e o ambiente, cometidos por omisión ou imprudencia grave. Consta tamén no proceso que a aseguradora de Brenntag é Chartis Europe, S.A.

Unha vez aberto o xuízo oral, as diferentes partes presentaron os seus escritos, de defensa ou acusación, segundo correspondeu. No caso da Xunta de Galicia presentouse escrito de acusación onde se exerce a acción penal e a civil, en concepto de custos de actuación e ecolóxicos, con base na cuantificación no seu día remitida pola Xunta de Galicia aos autos.

O xuízo oral foi repartido ao Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, P.A 206/11.

O 5 de marzo de 2012 preséntase escrito de Chartis Europe, S.A. e Brenntag Química, S.A.U. do 2 de marzo de 2012, cunha proposta de indemnización e, de ser aceptada, a ulterior renuncia pola Xunta de Galicia ao exercicio das accións civís derivadas do evento descrito.

Logo da análise da proposta de transacción efectuada, a Xunta de Galicia considera, tras os informes elaborados, máis adecuada ao interese público unha solución extraxudicial, para o cal é preciso formalizar un acordo de transacción.

Sobre a oportunidade da transacción, polas razóns que se dan para a súa adopción, emitiu informe en sentido favorable a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Polo exposto, as partes teñen a vontade de chegar a esta solución extraxudicial no sentido da proposta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR