Decreto 56/2004, do 25 de marzo, de asunción das funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 368/2004, do 5 de marzo, sobre ampliación dos medios patrimoniais traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Polo Real decreto 368/2004, do 5 de marzo, amplíanse os medios patrimoniais traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, en materia de estradas.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa tales medios patrimoniais nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalos aos órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios patrimoniais traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 368/2004, do 5 de marzo, polo que se amplían os medios patrimoniais traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Artigo 2º
  1. Asígnanselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda os medios patrimoniais asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

  2. Os órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estrutura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto e para adoptar as

medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servizos traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR