Decreto 52/2006, do 30 de marzo, polo que se modifica parcialmente o Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O artigo 10 do Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes establece que á fronte do centro residencial docente haberá un xerente, que será nomeado mediante convocatoria pública por libre designación entre funcionarios de carreira dos grupos A ou B.

Pola súa banda, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de setembro de 1998, publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de novembro de 1998, aprobouse a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, suprimíndose nela os postos de xerentes dos centros residenciais docentes, polo que non parece oportuno manter o nomeamento nestes centros docentes dunha ou dun xerente, e si establecer a figura de director cun nomeamento que se realizará logo de selección por concurso de méritos. Asemade, tratándose dun centro docente, é conveniente limitar o exercicio da dirección aos funcionarios docentes que impartan ensinanzas escolares, excluíndo, consecuentemente, os funcionarios non docentes.

Nos centros residenciais docentes é preciso ter sobre o alumnado unha vixilancia e tutela permanente, que xustifica a súa clasificación como tipo A para os efectos retributivos do equipo directivo, con independencia do número de alumnos residentes.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único O artigo 10º do Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes, queda redactado do seguinte xeito:
Artigo 10º
  1. Á fronte do centro residencial docente haberá unha directora ou director, nomeada/o pola Dele

    gación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por un período de catro anos, renovable por períodos de igual duración, seleccionada/o previamente por concurso público de méritos entre os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR