Resolución do 6 de agosto de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo dos tribunais de determinadas categorías do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servizo Galego de Saúde, polo que se declara a superación definitiva da fase de selección e se abre o prazo para a presentación de documentación.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

O punto 2 da base oitava das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, por orde de puntuación obtida en cada unha das dúas partes, a de oposición e a de concurso, así como a puntuación total, que será a suma de ambas as dúas. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

Así mesmo, a base décima establece que os aspirantes que superasen a fase de selección disporán dun prazo de vinte días naturais para presentaren a documentación pertinente.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar as relacións de aspirantes, pola súa orde definitiva de puntuación, da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), que poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou na súa páxina web (www.sergas.es).

En caso de empate na puntuación final obtida na fase de selección, resolverase de acordo co establecido no punto 3 da base oitava da correspondente orde.

Segundo.-Desestimar expresamente aquelas reclamacións presentadas contra a puntuación obtida na parte de concurso que non modifiquen nestas listaxes definitivas a puntuación inicialmente exposta.

Terceiro.-Declarar rematada a fase de selección, declarando como aspirantes que a superaron defi

nitivamente os aspirantes incluídos, segundo a súa orde final, no número total de prazas que se cubrirán de conformidade co establecido nas respectivas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR