Decreto 18/2004, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 134/2001, do 7 de xuño, que establece o programa das unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

Ó abeiro do disposto no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, de conformidade co preceptuado polo artigo 149.1º.7 da Constitución española, correspóndelle á Comunidade Autónoma a execución da lexislación estatal en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servicios que, neste ámbito e a nivel de execución, posúe o Estado. Así mesmo, debe terse en consideración o traspaso a Galicia das funcións e servicios que, no ámbito do traballo, o emprego e a formación, realizaba o Instituto Nacional de Emprego, e que foron asumidos en virtude do previsto no Decreto 289/1997, do 9 de outubro.

Modificada a norma estatal que regula as unidades de promoción e desenvolvemento, procede, en aplicación dos precitados preceptos, e no que atinxe á súa duración, adecua-la normativa autonómica pola que se establece o programa de unidades de promoción e desenvolvemento en Galicia (Decreto 134/2001, do 7 de xuño).

De conformidade coa nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, establecida mediante o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e en virtude do previsto polo Decreto 212/2003, do 3 de abril, correspóndelle á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a xestión das políticas activas de emprego, dentro das que se enmarcan as unidades de promoción e desenvolvemento.

Consecuentemente co exposto, é polo que, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de informe favorable da Asesoría Xurídica e da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único

O artigo 5 do Decreto 134/2001, do 7 de xuño, polo que se establece o programa das unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, queda redactado como segue:

A duración das unidades de promoción e desenvolvemento non poderá exceder de dous anos, dividida en fases de seis meses

.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR