Decreto 289/2004, do 2 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora do trazado da estrada provincial 2904 Coristanco a Santa Comba, punto quilométrico 8,825 ao punto quilométrico 17,600 (concellos de Coristanco e Santa Comba).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña en sesión celebrada o día vinte e oito de maio de dous mil catro, aprobou o proxecto de mellora do trazado da estrada provincial 2904 Coristanco a Santa Comba, punto quilométrico 8,825 ao punto quilométrico 17,600 e, na sesión do dezasete de setembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día oito de novembro de dos mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme da estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, e a intensidade media do tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR