Decreto 91/2008, do 30 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto modificado da estrada provincial 0807, Tatín a San Sidre por Moruxo, primeira fase (termo municipal de Bergondo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día vinte e nove de xuño de dous mil seis, aprobou o proxecto modificado da estrada provincial 0807, Tatín a San Sidre por Moruxo, 1ª fase, e na sesión do vinte e oito de xuño de dous mil sete acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na Comisión de Secretarios Xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria co fin de evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, consecuencia dunha estrada moi estreita, sendo o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, da intensidade media do tráfico, a existencia de curvas perigosas con pequeno raio nunha estrada que discorre por unha zona altamente poboada que a converte practicamente nunha travesía urbana con edificacións e vivendas pegadas á estrada, polo que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR