Decreto 35/2005, do 17 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 318 Plan Operativo Local Folgoso do Courel.-Hospital-Seoane do Courel, (termos municipais de Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día oito de agosto de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 318 Plan Operativo Local Folgoso do Courel.- Hospital-Seoane do Courel e, na sesión do vinte e nove de decembro de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, e que solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, estes foron emitidos favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, o proxecto refírese a unha vía que comunica diversas localidades da serra do Courel e que xeran un tráfico abundante, e ao non reunir o largo necesario para acadar unha circulación adecuada, afecta dun xeito significativo a seguridade vial, polo que a actuación é necesaria para reducir o risco de accidentes de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR