Decreto 79/2006, do 11 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Ourense, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de camiño veciñal s/n, variante de Vilariño (termo municipal de Carballeda de Avia).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día vinte e dous de xullo de dous mil cinco, aprobou o proxecto de camiño veciñal s/n, variante de Vilariño e, na mesma sesión, acordou

solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, este foi emitido con data do 12 de abril de 2006, así mesmo o da Deputación Provincial de Ourense do 3 de abril de 2006, no senso do cumprimento da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, e coas condicións que deberán adoptarse para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a citada estrada está sendo acondicionada en sucesivas fases, dado o inadecuado do antigo trazado desta vía a causa do estreito e sinuoso camiño existente, que discorre entre casas ao atravesar o núcleo de Vilariño, sendo o tramo en que se pretende actuar o de máxima perigosidade con grave perigo de accidentes e de atropelo de peóns debido á súa estreiteza nalgunhas zonas, o trazado sinuoso, con cambios bruscos de dirección en planta, o que, unido á proximidade das vivendas e á ausencia de visibilidade, aumenta xa de por si a citada perigosidade.

A competencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR