Decreto 13/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de remate das obras de acondicionamento e ensanche da E.P. 0507 Portela-Valiñas-Portas da Deputación Provincial de Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día vinte e catro de setembro de dous mil dez, aprobou o proxecto de remate das obras de acondicionamento e ensanche da E.P. 0507 Portela-Valiñas-Portas e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52º da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente tratouse na Comisión de Secretarios Xerais previamente á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3º da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, esta obra vén xustificada pola necesidade de evitar os accidentes e o perigo que supón o estado actual da estrada como consecuencia do aumento da velocidade na circulación de vehículos naqueles tramos da estrada xa acometidos e cuxos conductores atopan, neste tramo intermedio, unha calzada de trazado deficiente e cuns largos primitivos que precisan melloras, o que implica un risco tanto para a súa integridade física como para a dos peóns.

A competencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR