Decreto 281/2004, do 25 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Noia, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización da rúa Besteiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Noia, en sesión celebrada o día once de xuño de dous mil catro, aprobou o proxecto de urbanización da rúa Besteiros e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Noia foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día cinco de novembro de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día tres de setembro de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, con esta actuación se evitaría o risco evidente para o paso de peóns, que na actualidade non dispoñen de beirarrúas en ningunha das marxes da calzada, situación que se ve agravada pola existencia próxima dun instituto, así como os perigos que provoca na circulación automobilística a estreiteza da vía, impedindo ademais o acceso en condicións de rapidez e eficacia aos servizos de bombeiros ou de ambulancias no caso

dunha emerxencia, afectando igualmente os servizos de seguridade cidadá, que ven gravemente dificultadas as súas actuacións, tamén o servizo de recollida de lixo e o de transporte tanto público como privado, que ven imposibilitado o seu labor. Así mesmo, cabe destacar que a apertura desta rúa implicaría a posibilidade de facilitar a prestación con eficacia dos referidos servizos públicos, e poder levar a efecto a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR