Decreto 209/2006, do 9 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Pedrafita do Cebreiro, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construción de camiño de acceso ao cemiterio de Pedrafita.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Pedrafita do Cebreiro, en sesión celebrada o día vinte de maio de dous mil catro, aprobou o proxecto de construción de camiño de acceso ao cemiterio de Pedrafita e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo 1 da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, o camiño existente resulta moi perigoso polo seu deficiente estado actual, cun risco elevado de accidentes sobre todo nas persoas maiores ou con minusvalidez, debido a que carece de acceso rodado, sendo o único acceso practicable á entrada por unha escaleira que salva unha pendente duns 10 metros de altitude o que representa un 33% de desnivel, e que fai que resulte impracticable para unha parte importante da poboación, máxime en épocas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR