Decreto 102/2004, do 5 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ares, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de rede de saneamento en Chanteiro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ares, en sesión do día un de marzo de dous mil dous, aprobou o proxecto de rede de saneamento en Chanteiro e, na sesión do vinte de maio de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Ares foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trinta e un de xullo de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día once de xullo de dous mil tres.

Augas de Galicia, no exercicio das súas competencias, realiza diversas consideracións á actuación, que se deberán respectar logo da súa execución. O dito informe tivo entrada no rexistro desta consellería o día trinta de xaneiro de dous mil catro.

A Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, sinala no seu informe que na zona na que o proxecto afecta a servidume de protección do dominio público marítimo terreste, o promotor do proxecto deberá solicitar e obter a preceptiva autorización en materia de costas. O dito informe tivo entrada nesta consellería o día un de marzo de dous mil catro.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente considera que non procede someter esta actuación ao trámite de avaliación de impacto ambiental. O dito informe tivo data de entrada no rexistro desta consellería o día cinco de abril de dous mil catro.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente emitiu informe sobre o proxecto, no que formula diversas consideracións que se deberán ter en conta para minimizar os posibles efectos negativos. O dito informe tivo data de entrada no rexistro desta consellería o día cinco de abril de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a execución das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR