Decreto 177/2006, do 28 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 8401 do punto quilométrico 11,340 ao punto quilométrico 14,740 da Tablilla ao Agro do Mestre pola Pontepedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión do día dezaseis de setembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 8401 do punto quilométrico 11,340 ao punto quilométrico 14,740 da Tablilla ao Agro do Mestre pola Pontepedra e, na sesión do vinte e tres de febreiro de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos cales se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a certificación acreditativa da Deputación Provincial da Coruña da adecuación do proxecto de referencia ao disposto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación a actuación é necesaria co fin de evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia, entre outros extremos, de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme, o largo da calzada, de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos e a intensidade media do tráfico.

A competencia para a declaración da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR