Decreto 114/2005, do 28 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Salceda de Caselas, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto do parque Raíña Aragonta 2ª fase.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salceda de Caselas, en sesión que tivo lugar o día vinte e cinco de xuño de dous mil catro, aprobou o proxecto do parque Raíña Aragonta 2ª fase e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación é necesaria debido ao estado dos terreos, que son utilizados a modo de vertedoiro incontrolado, sendo abundante a presenza de residuos sólidos urbanos, restos orgánicos inertes e estullos industriais, co conseguinte perigo efectivo e potencial á salubridade pública: presenza de roedores, insectos, contaminación de acuíferos e augas superficiais, emisión de gases e malos olores, que provocan unha deterioración ambiental e degradación dos terreos. Así mesmo, hai que considerar que estes terreos lindan cun colexio e un pavillón deportivo, polo que debido á súa situación son utilizados como lugar de recreo e esparcimento, especialmente por menores, provocando unha situación de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR