Decreto 294/2003, do 12 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda, 5530.2, situada na Pastoriza (Lugo), solicitada por Emeterio Vega Rodríguez.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyDecreto

Emeterio Vega Rodríguez solicitou da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de

Galicia, a incoación dun expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para prosegui-los labores de explotación da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda 5530.2, situada no termo municipal da Pastoriza, da provincia de Lugo.

Os bens a que fai referencia a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente, o cal foi sometido ó trámite de información pública, sendo ademais realizadas notificacións individuais ós interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas,

en relación co artigo 131 do regulamento que desenvolve a dita lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e o artigo 56 do seu regulamento, do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e das notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións, procedendo a desestimación destas, xa que non desvirtúan as razóns obxectivas polas cales neste momento é urxente a ocupación dos predios para evita-la paralización dos traballos de explotación na concesión de referencia, todo iso en función do que consta no informe da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e na memoria-proposta da Subdirección Xeral de Recursos Minerais.

A expropiación está xustificada e é de todo punto necesaria e ademais polo procedemento de urxencia, xa que permitirá prosegui-lo aproveitamento racional do xacemento, entendendo como tal o poder aproveitar lousas de maior calidade e en partes máis profundas, mantendo as regulamentarias condicións de seguridade mineira. De acordo co Plan de Labores presentado e aprobado, os predios obxecto de expropiación están afectados para realiza-los labores preparatorios de desmonte na súa superficie. Os terreos obxecto de expropiación supoñen, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR