Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A decisión da Comisión 2006/133/CE, do 13 de febreiro de 2006, pola que se exixe aos Estados membros que adopten con carácter temporal medidas contra a propagación de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Burher) Nickle et al. (en adiante, B. xylophilus), establece as medidas que deben ser adoptadas para previr a introdución da antedita praga en territorio declarado libre desta. Detectada a presenza do nematodo en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre a erradicación dos focos co fin de protexer as nosas masas de plantas sensibles e de que non causen serios prexuízos ao sector forestal de Galicia.

Mediante resolución do director xeral de Produción Agropecuaria do 17 de novembro, declarouse a presenza do nematodo nunha árbore nas coordenadas N 42º 08' 08,7" e W 8º 26' 38,3" correspondentes a un punto de prospección da malla de 2 km×2 km nun terreo forestal do concello das Neves (Pontevedra), e establecéronse as primeiras medidas encamiñadas á non propagación do brote. Unha vez adoptadas estas primeiras medidas cautelares, cómpre establecer un plan máis amplo que recolla todas as medidas previstas para a erradicación.

O obxecto deste decreto é declarar de utilidade pública as tarefas de erradicación do B.xylophilus e establecer as medidas que deben ser adoptadas para evitar a súa propagación.

A Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, indica que é o propietario o responsable das tarefas de erradicación pero permite que cando concorren determinadas circunstancias sexa a Administración a que poida executar os traballos subsidiariamente logo de declarar de utilidade pública a erradicación da praga.

Logo de terse concedido un prazo para que os propietarios efectuasen as tarefas de erradicación e valorasen os produtos forestais das súas parcelas, cómpre que a Administración interveña naquelas parcelas que non teñan sido obxecto de erradicación sen prexuízo de arbitrar os medios para que as parcelas proporcionen o maior rendemento para os seus propietarios mediante a racionalización das cortas, poxas de madeira e emprego de medios propios para a organización dos traballos de transporte, a destrución ou a conversión en estelas da madeira.

A declaración de utilidade pública está xustificada dado o risco potencial da praga nunca antes detectada na nosa comunidade autónoma. Por outra banda, o estado de abandono de moitas das parcelas, a non presenza dos propietarios na zona e a parcelación da propiedade nesta zona faría que a non intervención da Administración comporte que moitas parcelas non fosen cortadas polos seus propietarios e podería producirse a extensión do brote a zonas limítrofes, e sería entón imposible o seu control.

Neste decreto descríbense tamén as medidas que se adoptarán para a erradicación do foco e as restricións ao movemento de produtos forestais para evitar a súa extensión.

O Real decreto 1190/1998, do 12 de xuño, polo que se regulamentan os programas nacionais de erradicación ou control de organismos nocivos dos vexetais aínda non establecidos no territorio nacional, definía un marco normativo para as indemnizacións aos agricultores ou silvicultores cuxos cultivos estivesen afectados por pragas aínda non establecidas no territorio nacional. Estas indemnizacións están referendadas, así mesmo, na Lei de sanidade vexetal e contan cun financiamento de ata o 50% por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (en adiante, MARM) nas correspondentes conferencias sectoriais.

Establécese un marco regulador para o outorgamento desas compensacións aos produtores aos cales se lle destrúen vexetais debido á presenza de pragas de corentena. O Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, sobre a aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas, e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001, ofrece no seu artigo 10º a posibilidade de indemnizar os agricultores afectados por enfermidades das plantas cando estas fosen causadas por unha praga declarada oficialmente e de erradicación obrigatoria.

Polo anterior, por proposta da persoa titular da Consellería do Medio Rural, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil once,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto do decreto.

Este decreto ten por obxecto:

  1. Adoptar as medidas para evitar a propagación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al.

  2. Declarar de utilidade pública a loita para a erradicación do citado organismo.

Capítulo II

Medidas para conseguir a erradicación da praga

Artigo 2º Medidas que deben ser adoptadas para a erradicación do brote.
  1. Delimitación da área demarcada.

    En cumprimento da Decisión 2006/133/CE da Comisión, das indicacións do grupo de traballo da Comisión sobre medidas de sanidade vexetal relativas aos bosques, e da Norma EPPO/OEPP PM 9/1(2) sobre B. xylophilus e os seus vectores e dado que, polo momento, non se atoparon novos brotes, a zona na cal B. xylophilus está presente redúcese a un punto, e por conseguinte ao redor das coordenadas do punto positivo atopado establécese unha zona tampón de 20 km de raio. En consecuencia, queda inicialmente delimitada a área demarcada (B) como a área comprendida no interior dun círculo de 20 km de raio cuxo centro é a árbore atopada positiva.

    Na zona tampón e ao redor da árbore atopada positiva establécense en forma concéntrica unha primeira área de 1,5 km de radio (zona de corta preventiva, A), unha segunda área entre 1,5 e 3 km (zona de seguimento intensivo, C) e unha terceira área entre 3 e 20 km (resto da zona tampón, D).

  2. Eliminación das árbores infectadas.

    Corta e eliminación por incineración in situ da árbore infectada e as seis árbores que formaban parte da mostra atopada positiva, así como todos os restos da corta producidos.

Artigo 3º Medidas de erradicación e de seguimento.
  1. Corta preventiva de árbores de plantas sensibles, recollidas no anexo I deste decreto, ao redor da árbore positiva.

    Na zona de corta preventiva (A) delimitada por un círculo dun raio de 1,5 km ao redor do punto detectado positivo inicialmente desenvolverase durante os próximos meses e antes do 1 de abril de 2011, se é posible, a corta e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR