Decreto 266/2006, do 28 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na LU-541. Construción de enlaces en interseccións do Peto, Trobo e Gaibor. Treito: Rábade-Vilalba, p.k. 3+740 enlace do Peto, p.k. 5+800 enlace de Trobo e p.k. 6+600 enlace de Gaibor. Clave LU/05/132.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de novembro de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na LU-541. Construción de enlaces en interseccións do Peto, Trobo e Gaibor. Treito: Rábade-Vilalba, p.k. 3+740 enlace do Peto, p.k. 5+800 enlace de Trobo e p.k. 6+600 enlace de Gaibor. Clave: LU/05/132.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, por tratarse dun treito de concentración de accidentes e por ser necesario remodelar distintas interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR