Decreto 75/2004, do 2 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do Plan Galicia: primeira fase da autovía Sarria-A6 (Nadela). Clave LU/01/066.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 29 de marzo de 2004, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado do Plan Galicia: 1ª fase da autovía Sarria-A6 (Nadela). Clave LU/01/066.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguranza vial, unha vez que os usuarios poderán utilizar para os seus desprazamentos unha vía con parámetros e características que melloran as súas condiciones de circulación e, a un tempo, con tal actuación conséguese avanzar no cumprimento dos obxectivos do Plan de dinamización económica-Plan Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 23 de xaneiro de 2003.

En virtude de todo o exposto e en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR