Decreto 35/2007, do 15 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e o interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, incluídos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia de data 26 de outubro de 2006, como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

O Decreto 154/1993, do 24 de xuño, polo que se establece o réxime xurídico básico do servizo público de xestión dos residuos industriais, dispón como servizo público a xestión dos residuos que se leva a cabo na Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, é dicir, no actual Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (en diante, CTRIG). Este decreto tamén vén a establecer que a concesión deste servizo público se adxudicará mediante o procedemento de concurso público.

En cumprimento das devanditas prescricións, a Xunta de Galicia convocou o correspondente concurso público, resultando adxudicataria del a entidade mercantil Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa).

Posteriormente, con data 12 de maio de 1995, asinouse o contrato administrativo para a xestión do servizo público da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia, entre a Xunta de Galicia, en concreto, a súa Consellería de Industria e Comercio e a sociedade xestora, é dicir, a entidade mercantil Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), constituíndo o obxecto do devandito contrato, a xestión do servizo público que se presta no actual Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), que comprende todas as actividades de xestión dos residuos industriais, tóxicos e perigosos, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega.

O Consello da Xunta de Galicia acordou declarar, con data 27 de xullo de 2006, como de incidencia supramunicipal o proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas (DOG nº 150, do 4 de agosto de 2006).

Con posterioridade, en concreto con data 26 de outubro de 2006, o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no termo municipal das Somozas (DOG nº 227, do 24 de novembro de 2006), como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Nesta aprobación, e de conformidade co disposto na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e

protección do medio rural de Galicia, que modifica a disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, quedaron expresamente cualificadas como de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do devandito proxecto sectorial.

Así mesmo, no devandito acordo disponse «Declarar a utilidade pública e o interese social para os efectos expropiatorios das obras, instalacións e servizos previstos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas nos termos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR