Decreto 77/2006, do 11 de maio, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos ubicados no recinto do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, afectados pola ampliación das instalacións para a xestión dos residuos contaminados con hidrocarburos, nas Somozas (A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), resultou adxudicataria dun contrato administrativo de xestión de servizos públicos formalizado con data do 12 de maio de 1995 para o deseño, construción, explotación, mantemento de instalacións e equipos de recollida, transporte, almacenamento e, en xeral, a xestión dos residuos industriais, así como aqueles que sexan tóxicos e perigosos, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste senso, as obras, instalacións e, en xeral, os bens de todas clases, entregados a Sogarisa para o cumprimento do contrato de xestión da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia, ao comezo deste e posteriormente, durante a súa vixencia, forman parte do conxunto de bens da Administración pública galega.

A comisión mixta Administración xeral do Estado-Xunta de Galicia para o seguimento das actuacións derivadas do afundimento do buque Prestige, con data do 14 de outubro de 2003, acordou proporlle á empresa Sogarisa a realización dos traballos de tratamento dos residuos recollidos como consecuencia do accidente do Prestige. O 6 de xuño de 2005,

asínase un convenio de colaboración pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa) para culminar co proceso de xestión destes residuos.

Con data do 8 de marzo de 2006, a Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), solicitou a expropiación forzosa polo procedemento de urxencia, dos bens e dereitos afectados pola construción das instalacións de ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, así como a declaración da urxente ocupación dos terreos necesarios para a execución das ditas obras, de conformidade co previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, así coma no artigo 56 do Regulamento que a desenvolve, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957.

O proxecto técnico e de explotación da planta de xestión e valorización de residuos contaminados con hidrocarburos, presentado xunto coa solicitude de expropiación forzosa, foi aprobado por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 21 de marzo de 2006, pola que se autoriza a empresa Sogarisa a xestión dos residuos perigosos procedentes do Prestige nas instalacións das Somozas. Esta expropiación posibilitará a xestión dos residuos contaminados por hidrocarburos, principalmente xenerados polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR